Skip to Content

                              

Banda deseñada

Concurso de banda deseñada

Desde o Equipo de biblioteca e o EDL convócase o VI concurso de Banda deseñada no que poderedes participar todos os membros da comunidade educativa do colexio.

Os traballos realizados poderán presentarse ata o 23 de abril, día do libro. Os mellores cómic recibirán un agasallo na celebración do Día do libro, que este anóserá o 24 de abril.

Con todos os traballos elaboraremos un libro que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca e que poderedes pedir en empréstito para consultar.

O formato de presentación deberá axustarse aos seguintes modelos, feitos en formarto  A4 e sentido vertical.

Obradoiro banda deseñada

http://www.bitstripsforschools.com/login/

Imos realizar un obradoiro de banda deseñada co programa Bitstrips, para poder entrar no programa teredes que usar o código do curso facilitado polo titor en clase.

  • Ides a ter que crear un cómic seguindo o traballado en clase de Galego.
  • Unha vez que rematedes o cómic teredes que subilo ao aula virtual do cole. Poderedes subir un máximo de dous traballos.
  • Os mellores traballos recibirán un agasallo que será entregado na celebración do Día da Poesía.
  • O prazo para subir os traballos remata o 11 de marzo.

Distribuir contido


by Dr. Radut