Emulando aos nosos compañeiros do CEIP de Os Blancos realizamos unha pequena presentación do que é o noso colexio ao ritmo da música de Happy de Pharret Williams.
No vídeo está representada o toda a comunidade educativa do colexio, pondo todos eles moito empeño en que todo saíra ben.
Durante os días 8 e 9 de abril dous mestres do cole e tres nenos de sexto curso participaron nun curso de formación en “Soporte vital básico e uso do DESA (desfibrilador semiautomático) para persoal non sanitario". O curso foi organizado polo Concello de Boborás e desenvolveuse nas instalación do CEMIT. Nel tamén estiveron presentes persoal da gardería infantil, do Concello e da residencia da terceira idade.
Os responsables de impartir o curso, conseguiron, grazas a súa formación e organización dos contidos traballados, que os asistentes ao mesmo sexan quen de atender a un accidentado que precise destes primeiros auxilios. O Concello, a partir de agora conta con 8 novas persoas que están capacitadas para empregar o DESA en caso de necesidade, o que pode chegar a salvar moitas vidas.
Desde aquí, queremos agradecer ao Concello a realización deste tipo de actividades formativas e tamén por ternos invitado á mesma.
Entendemos que a formación en soporte vital básico e utilización do DESA debería ser materia curriculare de obrigado coñecemento por todos os membros da comunidade educativa i esperamos que así sexa nun curto espazo de tempo.