Skip to Content

                              

Ed. documental

Pescudamos sobre Adolfo Suárez

Como ben sabedes o 23 de marzo de 2014 finou Adolfo Suárez, primeiro Presidente da Democracia española. Imos pexcudar información sobre a súa vida e a importancia que tivo para a nosa. Para elo, deberedes realizar un traballo de documentación que teña o esquema que aparece máis abaixo, e que podedes atopar na wikipedia.

O traballo realizado deberá ser presentado en folios brancos coas normas de presentación establecidas en clase. A valoración do mesmo atoparédela dentro do Tema 15 de Coñecemento do Medio.

Pescudando sobre o entroido

Hoxe imos a pescudar sobre o entroido en Galiza, para elo realizaredes a seguinte Caza do Tesouro.

 
 
 
Unha vez rematada a pescuda deberás realizar un cartaz/collage con imaxes características do entroido en Galicia e subila ao aula virtual.

Traballo sobre os planetas

En parellas realizaredes un traballo de investigación seguindo as pautas comentadas en clase.
Dita investigación a reflectiredes nun Prezi.
Unha vez rematada a presentación realizaredes a seguinte actividade do aula virtua do tema 5.

Os alumnos e alumnas fan de mestres

Hoxe, día de San José de Calasanz o alumnado de 3º ciclo vai facer de mestre para celebrar o noso Patrón.


En grupos de 2 e 3 membros, imos a expoñer os traballos que fixemos ao longo desta semana:

  • Franco.
  • A vida de Negredo.
  • Os volcáns.
  • Normas de convivencia.
  • Especies protexidas.
  • A materia escura.
  • Historia do fútbol.
  • Evolución humana.


Celebramos o San José de Calasanz

O próximo mércores, 27 de novembro, celébrase o Día do Mestre por ser San José de Calasanz. Ata fai pouco dito día celebrábamos o Día da Educación. 
Nós, para conmemorar dita data, ese día imos a mudar os "papeis" que temos na clase, é dicir, os alumnos e alumnas faredes de mestres e mestras ao longo de todo o día i eu serei un alumno máis da clase.
Para realizar o voso traballo de mestres debedes facer grupos de 2 ou 3 membros e escoller un tema que vos guste e que posteriormente exporedes ao resto dos compañeiros da clase. Os mellores mestres repetirán as súas docencias no resto das aulas do colexio.
 

Consellos:

  • Consensuade o tema e escollede un que vos sexa doado de preparar.
  • A temática do traballo é libre.
  • É recomendable facer un guión previo antes de comezar a realizar o traballo.
  • A documentación que fagades podédela presentar no EDI.
  • Poderedes usar pequenos guións para dar a clase.
  • Debedes usar imaxes, gráficas ou vídeos para acompañar as vosas explicacións.

Recursos educativos para o magosto

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/node/889
Neste libro recollemos aquelas actividades e recursos que nos poden ser de utilidade para a celebración do magosto no noso cole. 
Nel atoparás moitos recursos para completar as tarefas encomendadas.

Distribuir contido


by Dr. Radut