Skip to Content

                              

Tarefas

Creando cartaces con palabras

Imos a crear un cartaz que ilustre a vosa opinión sobre o colexio, para elo tedes que proceder do seguinte modo:

  1. Realizar unha lista con máis de 20 palabras que definan o voso parecer sobre o colexio.
  2. Abrir o programa wordle e inserir as palabras do listado.
  3. Facer unha captura de pantalla do cartaz creado.
  4. Abrir o editor de imaxes e editar o cartaz para que se adapte as nosas necesidades.
  5. Subir o cartaz ao aula virtual.

Redactando as normas de clase

Como algúns de nós temos esquecidas un pouco as normas de comportamento que están vixentes no colexio, imos a revisar o Plan de Convivencia e a redactar unhas novas normas para o bo funcionamento do centro. Asemade, estableceremos as sancións que serán de obrigado cumprimento a que infrinxa estas normas.

  1. En primeiro lugar cubriremos a documento facilitado de xeito individual.
  2. Posteriormente en grupos poremos en común as nosas aportacións e melloraremos o documento.
  3. Unha vez rematado entre todos iremos completando a wiki creada para a ocasión.

Tarefas para realizar na casa

Na seguinte táboa aparecen reflectidas as tarefas e exames que están pendentes de realizar:

Facendo pombas para a Paz

Tedes que ser quen de construir unha pomba para a Paz.
Podesdes utilizar os seguintes titoriais:

 

 

Día da Paz e non violencia

O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e non Violencia e conmemórase a morte do asasinato de Mahatma Ghandi.
 
Nós imos a completar a unidade didáctica que elaborou o EDL do CEIP de Ponte dos Brozos.
 
As tarefas de investigación deberedes completalas no Aula virtual do centro.

Wiki sobre o Concello de Boborás

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/aulavirtual/mod/wiki/view.php?id=1732


Entre todos imos a crear unha Wiki sobre Boborás. Comezaremos engadindo información das parroquias que o integran e dos diferentes pobos e lugares de cada parroquia.

Cada un de nós encargarase de completar o texto referente a súa parroquia. Para os pobos que non coñezades, deberedes obter a información coa axuda dos vosos familiares e veciños.

Tamén teredes que realizar fotos dos lugares máis importantes dos vosos pobos e subilos á carpeta de Boborás do voso dropbox creando unha carpeta para cada parroquia. Desde aí ligaredes as imaxes á wiki.

 

Traballo sobre os planetas

En parellas realizaredes un traballo de investigación seguindo as pautas comentadas en clase.
Dita investigación a reflectiredes nun Prezi.
Unha vez rematada a presentación realizaredes a seguinte actividade do aula virtua do tema 5.

Biografías de Nadal

Para presentar os traballos das biografías lidas en Nadal deberedes realizar unha presentación en Prezi.
O seguinte esquema pódevos servir de exemplo para elaborar os vosos traballos.

Non vos esquezades de ilustrar o traballo con imaxes ou outros arquivos multimedia.

Árbol de Nadal

Imos realizar unha árbore de Nadal para decorar a porta da clase. Seguiremos o modelo da imaxe que aparece á dereita desta nova.
 
Cada alumno deberá colorear, cando menos, 8 estrelas de diferentes formas e tamaños.
 
As estrelas poderán sacarse dos modelos que se achegan na seguinte ligazón: Estrelas para colorear.
 
Unha vez coloreadas as estrelas rematarémolas con témpera de pupurina.

 

A ver quen é o que mellor decora as estrelas!!!

Os alumnos e alumnas fan de mestres

Hoxe, día de San José de Calasanz o alumnado de 3º ciclo vai facer de mestre para celebrar o noso Patrón.


En grupos de 2 e 3 membros, imos a expoñer os traballos que fixemos ao longo desta semana:

  • Franco.
  • A vida de Negredo.
  • Os volcáns.
  • Normas de convivencia.
  • Especies protexidas.
  • A materia escura.
  • Historia do fútbol.
  • Evolución humana.


Distribuir contido


by Dr. Radut