Skip to Content

                              

Formación usuarios

PROCURA EN INTERNET

Para facilitar a procura de información en Internet na Biblioteca escolar colocaremos infografías coma esta no centro. Podes visualizar a imaxe ou descargar o PDF adxunto na pestana inferior:

Os perigos de internet

O 23 de abril tivemos un relatorio na biblioteca do centro realizado en colaboración co responsable do CEMIT de Boborás, Xabi Vázquez, que acercou aos nosos internautas a realiade virtual e aos perigos que se poden atopar cando navegan pola rede.

O alumnado foi informado do protocolo que deben seguir para navegar con seguridade en internet e dos pasos a realizar cando se sintan ameazados na rede.

Este relatorio terá proximamente continuidade coas familias do alumnado, para informarlles dos posibles perigos que os seus fillos e fillas se poden atopar.

Como é unha biblioteca

Os Bolechas nos ensinan todo o que nos podemos atopar nunha biblioteca.

 

Programa de formación de usuarios en Ardora

O grupo de traballo formado polo equipo de biblioteca do noso centro elaborou unha serie de actividades no programa Ardora coa finalidade de que practiquedes coa CDU.

Programa formación de usuarios
Distribuir contido


by Dr. Radut