Skip to main content

COCIÑA

CHAVEIROS AO FORNO #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Alumnado de 2ºB lanzouse a unha actividade de xoiería

pero na cociña da biblioteca! Realizaron uns chaveiros moi

divertidos cun plástico máxico apto para o forno.

O resultado foi inmellorable!!

 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE GALLETAS #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Kevin, Lourdes, Lisa e Sylvia acompañaron ao alumnado de 2º

na creación dunhas fermosas galletas de coelliños e ovos.

 

 

 

 

 

 

OBRADOIROS E FALADOIROS DO ALUMNADO #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Dentro do espazo dos obradoiros e faladoiros do alumnado,

Vega, Jairo e Antía levan a cabo un obradoiro de pizza.

Pero todo isto ten un proceso, primeiro cubriron a ficha co

que desexaban facer e neste caso os ingredientes, número de

persoas ás que ía dirixido, temporalización... Logo veu o cartaz nos

ordenadores táctiles da biblioteca e xa posteriormente marcar a data.

Chegou o día e este é o resultado. Elas e eles que a probaron seica estaba

boísima e hai lista de espera, así que terán que repetir.

 

 

 

 

MAGDALENAS DE PASCUA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

 O alumnado de 2º B realizaron unhas ricas magdalenas

de Pascua coa axuda de Graciela e Beatriz, saíronnos riquísimas!!

Agradecer ás familias a súa colaboración!

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE MANTECADOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

No proxecto sobre a vila de Cedeira tamén se cociña. Saray e Jessy

axudáronnos a facer uns mantecados típicos da nosa vila. Foi unha mañá

na que mesturamos, pesamos, esprememos, remexemos, batuxamos,

divertímonos e cociñamos algo moi doce, os mellores lazos de amizade.

Tamén fixemos un marcapáxinas coa receita e

o puxemos ben bonito para levar e merendar.

Gracias ás familias por formar parte da vida na escola!

 

 

 

 

 

 

LECTURA E FAMILIAS CARLOTA PICOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #Nadal #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

 

O alumnado de 3 anos tivo unha visita especial, a de Carlota Picos,

a mamá de David. Con ela realizaron un obradoiro de árbores de

Nadal de milfollas. Boa parte quedou nas fontes e foi ao forno,

outra a levaron posta. De seguro foi unha mañá máis que doce e divertida!

Esta é unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos,

no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.

 

 

 

 

 

NADAL INTERCENTROS #inclusión #bibliotecainclusiva #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

 

O tempo de Nadal é unha época para coincidir, para convidar,

para estar xuntos e compartir o que temos con outros.

Así decidimos realizar un encontro entre o alumnado da Asociación Apader

e un dos sextos. Primeiro presentáronse, algúns xa se coñecen de coincidir pola vila,

outros xamais se viran, pero todos gozamos dun tempo xuntos realizando un

obradoiro moi doce típico do Nadal.

Ao remate, o alumnado de sexto explicoulles o funcionamento da nosa

Biblioteca Lía, non lles quedou detalle, probaron diversos recursos (ordenadores

táctiles, xogos, pantallas...) explicáronlles a CDU e quedamos en que virán facer empréstito.

Na seguinte a repazada de sexto irá ao centro de Apader

realizar un obradoiro ben chulo, que tamén ten que ver con libros!

 3 de decembro Día Internacional das Persoas con discapacidade,

todos somos iguais e todos diferentes, isto non é cousa dun día.

Por unha convivencia plena e normalizada.

 

 

 

 

 

GALLETAS NADAL #Nadal #Cedeira #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A biblioteca leva todo o mes ulindo moi ben!

A razón é que a cociña non para! Desta volta tocaron

galletas cos Vagalumes de 2ºC. En grupos cooperativos

prepararon unha tanda de galletas para meter no forno,

arrefriaron un día e ao seguinte as embolsaron e adobiaron

cunha manualidade de nadal que xa tiñan preparada

e reservada para esta ocasión tan especial.

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE GOMINOLAS #SamaínCedeira #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas

Obradoiro de gominolas polo Samaín a cargo do alumnado de segundo A e B.

 

Un traballo en gran grupo cun resultado moi saboroso!

 

 

 

 

 

COCIÑANDO POLO SAMAÍN #SamaínCedeira #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas

Os Vagalumes preparan o seu xantar de Samaín,

pementos recheos e salchichas momia.

Dende a escrita da receita, pasando polo lavado, cortado,

preparación, posterior xantar e, por suposto, non menos

importante limpeza final dos espazos e recursos utilizados.

Ollade e se vos presta, copiade a receita!

Boo Samaín!!

 

 

 

GALLETAS DE DINOSAURO - COCIÑAMOS COAS FAMILIAS #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O pasado luns 20 de marzo a cociña da biblioteca encheuse de risas e cheiros.

O alumnado de cinco anos argallou un obradoiro de repostería coa nai de Mario.

Seguindo co proxecto deste trimestre  fixeron unhas riquísimas galletas sen gluten,

para poder disfrutalas todas e todos, con ovos, aceite, aroma de vainilla,

fariña de avea, azúcre e levadura. Amasaron e déronlles formas de distintos

dinosaurios e de pegadas de Tiranosaurio Rex. 

Festexaron unha merendola na aula e levaron

 

a proba para compartir na casa!

Continuamos agradecendo a participación das familias na vida escolar!

 

 

 

RECEITAS E COCIÑA DE ENTROIDO #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Un grupo de familias toma a iniciativa e realiza unha gran proposta.

Obradoiros de cociña para o entroido. Unha xornada a mar de doce e divertida.

Cantidades, produtos, pasos, perigos no cociñado, colaboración... unha gran

mestura de saberes e novas aprendizaxes para conseguir

unha merendola fantástica e emotiva.

Gracias familias!!

 

 

 

 

DOCES DE NADAL - COCIÑA ESPAZO ARGALLEIRO #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Nesta semana foron moitos os cursos que elaboraron doces de Nadal!

Aquí unha pequena mostra.

 

 

 

 

GRUPOS INTERACTIVOS NA BIBLIOTECA - COMUNIDADES DE APRENDIZAXE #FamiliasnabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Desta volta os interactivos dos Vagalumes xiraron ao redor de "Carrapuchiña Vermella".

Coa axuda das familias fixeron pizzas de Carrapuchiña e o lobo,

leron outra versión do conto "¿Qué me cuentas Caperucita" de José Carlos Andrés,

escribiron palabras arredor do conto cun xogo de letras

e fixeron un obradoiro cos protagonistas.

 

 

 

 

 

GALLETAS PANTASMA #Samaín #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 3º de Educación Primaria traballou

as medidas e gozou dun obradoiro do máis pantasmal!

 

 

 

 

COCIÑA DE SAMAÍN #Samaín #EscribiraBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O venres o alumnado de 1º de Educación Primaria realizou diversas receitas de Samaín.

 

 

Escribindo e lendo os pasos dun texto instructivo conseguiron realizar unhas creacións moi saborosas.


 

Aquí están en acción.

Hai un anexo en pdf por se queredes probar na casa!

A gozar dun Samaín de medo e sabor!

 

 

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Celebramos o día das bibliotecas escolares (24 de outubro) coa creación do novo espazo de cociña na nosa biblioteca creativa que nos permita unha aprendizaxe competencial moi significativa. Realizamos un obradoiro de galletas e decoración inspirado nos cómics. Completamos o traballo coa elaboración das receitas e cómics, abarcando así unha serie de aspectos curriculares importantes de varias áreas: matemáticas, linguas, ciencias... A nosa biblioteca segue crecendo!!!

 

Distribuir contido