Skip to main content

SEMANA DO LIBRO

VENRES DA SEMANA DO LIBRO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

Desfrutáchedes coas aventuras de Percebiño? Seguro que si.

Moitísimas gracias a Diego e a Quique por tanta creatividade, e a Tonino pola súa colaboración artística a través da música.

No seguinte vídeo podedes ver a semente, de donde naceu a historia da viaxe de Percebiño.

 

 

 

 

 

 

Rematamos a semana xogando.

Si, hai que premer na imaxe.

 

 

 

Permanecede atentas e atentos porque moi prontiño amosaremos os vosos vídeos e as vosas fotos cos libros favoritos.

FELIZ DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR #euquedonacasa #bescoaresgalabertas

 

 

Preme no rectángulo da imaxe situada baixo este pequeno texto para acceder ao conto.

Na parte superior atoparás a imaxe dun libro,

preme e escolle deslizar para poder ir vendo a historia de Percebiño páxina a páxina.

 

 

 

 

 

 

Debaixo destas palabras podes descargar as ilustracións de Percebiño para colorear.

 

FALTA 1 DÍA! #euquedonacasa #besclaresgalabertas

FALTA 1 DÍA!

 

“A ver, a ver…Cantos debuxos ten este conto?”

Cantas veces faríamos iso ao abrir un libro?

E cando lemos un conto aos nenos e nenas na escola…pois cando lemos un conto, sempre hai unha voz miúda polo medio que pregunta: 

-A ver…lo enseñas?

Os ilustradores, eses grandes artistas que poñen imaxes ás palabras. As imaxes…o poder das imaxes…Aquela expresión que di: “Unha imaxe vale máis que mil palabras” ás veces resulta certa. En todo caso hai que saber contar moi ben as cousas para que reflictan exactamente o que queremos decir, e coas imaxes podemos velo con un só golpe de vista. Aí o grande traballo dos ilustradores…facernos ver nun abrir e pechar de ollos exactamente aquilo que din os textos escritos.

Hoxe, terceiro día da nosa Semana do Libro, abriremos as nosas portas virtuais a outro artista: Diego Cheda, debuxante da nosa mascota da biblioteca. Sen dúbida algunha, na súa cabeza hai un espazo ben recollido onde foi gardando centos de imaxes de cómics ao longo da súa vida, imaxes das que bota man cada vez que fai unha das múltiples ilustracións de Percebiño.

Hoxe temos e tedes a sorte de contemplar como é o proceso do traballo que fai. Mirade, tomade nota, aprendede e intentade debuxar…

 

 

Certo que as mans de Diego gozan dun talento especial para facernos ver exactamentente que é o que Percebiño sinte en cada momento.

 

E agora, a proposta de actividade de hoxe: 

Preme na imaxe para xogar.

FALTAN 2 DÍAS #bescolaresgalabertas #euquedonacasa

FALTAN 2 DÍAS!

 

Gracias a todos os que participástedes na actividade de onte, resulta moi agradable ver que vos gustan os contos. Resultou unha maneira divertida de recoller retallos de historias.

E falando de retallos…

Moitas veces atopamos pedaciños nas historias que nos gustan tanto se quedan gravados na nosa memoria, ou mesmo contos enteiros que os nenos e nenas máis pequenos son capaces de lembrar e reproducir sen fallar nin unha soa palabra…

Parece sinxelo, pero…canto tempo lle puido levar ao escritor dese conto, dese libro, desa fábula…escribir ese pedaciño? E canto tempo todo o conto? e…ocorréuselle facilmente, ou por casualidade? Sería se cadra nunha viaxe?…

Hai veces que os contos tamén van acompañados dalgún tema musical. Aquí poderiamos aplicar o mesmo que cos textos. Hai cancións de contos que se nos quedan gravadas e ao escoitalas se nos veñen á cabeza os contos que as conteñen.

Sucederá o mesmo coa música que cos textos?

Amigos e amigas…cada historia é un mundo e cada autor ten os seus, pero nosoutros estes días tivemos unha conversa con Quique Vázquez, e desa conversa saíu este vídeo. Igual nos pode axudar un pouquiño.

 

E agora, a actividade para o día de hoxe:

 

Seredes capaces de adiviñar a que contos pertencen os seguintes fragmentos?

 Pincha na imaxe

Gustaríanos adicar o día de hoxe a todos os artistas das palabras… aqueles que as enfían con tanto agarimo e precisión que fan que sexamos capaces de enfundarnos nas historias coma nun traxe perfectamente cosido e rematado.

FALTAN 3 DÍAS! #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

 FALTAN 3 DÍAS…

 

Seguro que a moitos vos gusta o recendo a libro novo…

É posible que alguén dos que estades lendo este blog algunha vez mercárades, ou vos regalaran, ou vos trouxeran os reis un libro. Pode ser que abrírades ese libro, que lle botárades unha ollada e despois tomárades a decisión de poñervos a ler, ou pedir que volo leran. Que lindo atopar historias novas!… Historias das que roubar palabras para facer outras historias…a veces incluso esas historias pasan a formar parte das nosas vidas, e contámolas, ou puidera ser que ata as cantáramos. 

Pode ser que algunha vez aquel libro novo pasara a ser o noso libro preferido…

 Puidera ser…

 

 Hoxe, por ser o primeiro día da Semana do Libro e os dereitos de autor, a nosa proposta é a seguinte:

 

Seguramente a Percebiño lle guste saber cales son as vosas preferencias para adquirir fondos para a biblioteca e por iso nos gustaría que nolas fixérades chegar.

 

 Cómo?

  • Facendo unha fotografía co libro que máis vos guste, caracterizados coma o voso personaxe favorito.
  • Facendo un pequeno vídeo no que representedes a vosa escena preferida.

 

Deixamos varios exemplos: 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

Gracias

Distribuir contido