Título | Resumo |
---|---|
RIMA QUE TE RIMA #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 2º nivel xúntase para afondar na poesía. Luisa Villalta é a canle conductora, a súa inspiración leva ao alumnado a traballar as rimas en grupos cooperativos, utilizando a técnica do folio xiratorio. O profesorado crea material específico e utiliza os espazos da biblioteca para documentarse e realizar a actividade.
|
REUNIÓN CLÍA CEDEIRA #CLIA @UNICEFGalicia #Cedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Unha nova xuntanza moi produtiva. Conversaron das sensacións na visita ao Parlamento, escolleron entre varias propostas que poden incidir na calidade da vida na vila. A súa responsabilidade é moi alta, pois eles e elas teñen moito que dicir da vida cultural, medioambiental, de saúde... na nosa vila. Neste Clía tamén escolleron o nome que levará este organismo, pero que desvelaremos nunha próxima publicación. Un tempo e un espazo máis que aproveitado!
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - 5 ANOS #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
AVALIACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2023 - 2024 #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Agradecemos que tanto alumnado, familias ou profesorado cumprimente a enquisa para poder mellorar nas labores da biblioteca escolar.
|
FORMACIÓN LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Onte levouse a cabo a formación de "Lectura e Familias". Como xa víñamos informando tíñamos moita preocupación polo perigo nas redes, o acceso á pornografía na infancia e a carencia de Educación Afectivo Sexual. Necesitábamos axudar á cativada, para iso era indispensable que familias e escola tivésemos estratexias para abordar esta temática.
Asi, que a través do programa da Asesoría de Bibliotecas, "Lectura e familias" decidimos poñer nas mans de "As Atalaias" esta formación. Elas son unha cooperativa galega que traballa en prol das persoas e as súas necesidades. Tivemos connosco a Raquel Veiga Teijeiro, diplomada en Educación Social e formada en diversos aspectos como convivencia, sexualidade, resolución de conflitos...
A xornada tivo un aforo amplo e todas e todos saimos reafirmados, sabendo como comezar e con ganas de repetir. As familias que o desexaron cargaronse de libros para documentarse e ser unha canle para iniciar conversas coa rapazada. É de moita importancia que sexamos sinceros, contestemos as súas inquedanzas e proporcionemos información fiable. É básico ser referentes da nosa prole, e senon somos nós asegurar que quen o sexa teña a nosa plena confianza.
Agradecer á Anpa Picapeixe e a tódolos que puxeron semente para que esta actividade chegase a tan bo porto.
En breves compartiremos os vídeos e información que achegue Raquel. Se queredes ampliar información con videos e webs, podedes entrar na web da biblioteca ou no Facebook ou Twitter da Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" alí tedes moitas información baixo o título: ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA.
Gracias á comunidade educativa pola súa resposta.
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - CANCIÓNS 1º #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
ENSAIOS TEATRO #teatronaBE #radioescolar #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os Vagalumes xa preparan a súa representación teatral, están montando sons na radio, deseñando o atrezzo, facendo ensaios case a diario e o máis importante, entender que todas e todos somos importantes e temos que colaborar, que isto é unha compañía que necesita de todos e todas para funcionar como unha máquina precisa de reloxeiro. Convivir, respectarse, tolerarse, entenderse... o teatro aporta unha inmensidade de valores que perdurarán nas súas vidas. Aprender a actuar, memorizar, facer súa a personaxe, a crear, a rir e chorar, pero o máis importante aprenden a quererse e coidarse.
|
RECREOS NA BIBLIO #VoluntariadonabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
PLANTAMOS NA HORTA #FamiliasnaBE #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A rapazada de 2B foi á Horta acompañados da familia de Dylan para plantar clabacins, tomates, amorodos e caraixons. Xa comezan a medrar os primeiros amorodos e esperamos recolectalos en poucos días.
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - AS AVOAS #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Cinco mulleres empoderadas:
|
AS AVOAS NA ESCOLA - PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
FONDOS NOVIDADES - VEN POLA TÚA LECTURA! #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
|
XAVIER CARRO - "MÚSICA, MAESTRO" #Radionabiblio #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nesta ocasión temos na Radio Experimental a Xavier Carro, antigo director da Banda de gaitas Robaleira e integrante do grupo Debadoira. Documentación recadada para o proxecto "Música, Maestro". Gozade da súa escoita!
Gracias Xavier pola túa colaboración.
|
CHAVEIROS AO FORNO #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Alumnado de 2ºB lanzouse a unha actividade de xoiería pero na cociña da biblioteca! Realizaron uns chaveiros moi divertidos cun plástico máxico apto para o forno. O resultado foi inmellorable!!
|
AS AVOAS - RADIOS ESCOLARES #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dentro do proxecto "Música, maestro" temos diversas gravacións, unha delas é ás avoas máis marchosas da vila! Aquí temos un pequeno anaco do seu paso. Unha experiencia compartida coa radio do Ies Punta Candieira.
|
BIBLIOTECA HUMANA - CANDO EU TIÑA A TÚA IDADE - HOLOCAUSTO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas | |
MUSEOS #Patrimonio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Mini proxecto dos Museos. O alumnado busca información en grupos de diferentes museos que lles tocou nun maletín, teñen museos de diferente tipo arqueóloxico, obras de arte, do humor, do xoguete,... de direrentes lugares galegos, nacionais e internacionais.
|
FONDOS POESÍA ESCÉNICA #Cedeira #dinamizaciónlinguagalegaCandieira #poesía #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Este curso unha das actividades intercentros na que participaremos co alumnado do Ies Punta Candieira é a Poesía Escénica. Hai moito alumnado preparando xa a escenificación das poesías, uns inventando coa axuda do profesorado, outros buscando nos fondos da biblioteca escolar... Para facilitar un pouco a busca, deixamos no faro unha pequena mostra. Ante calquera dúbida preguntade ao profesorado de biblioteca ou ao voluntariado escolar. Nestes días ampliaremos fondos poéticos. Moito ánimo a tódolos participantes e grazas ao profesorado do Ies por contar sempre conosco!
|
Vivamos como cedeireses! #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os nenos e nenas de 1º ciclo saíron á Serra da Capela e a San Andrés de Teixido para visitar o seu patrimonio e pasar un bo rato todos xuntos!
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - DON MACARRÓN #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
MAGO CACHO - LECTURA E FAMILIAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
O mago Cacho, papá de René, veu á biblioteca facer un espectáculo para toda a rapazada de tres anos. Maxia, ilusión e inocencia brilaron durante toda a xornada. Gracias a Javier Vázquez por aledar ás nenas e nenos!
|
GUÍAS TURÍSTICOS #BibliotecaCreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de quinto de primaria converteuse en guía turístico e viaxou a través das páxinas dos libros e da documentación na rede para coñecer as provincias de España e as súa identidade, características... Resumiron e escolleron os datos máis relevantes nun libro de lapelas que expoñeran estes días aos seus compañeir@s.
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - VICTORINA #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Victorina e María Victoria aledaron á rapazada de cinco anos con cancións como "El cocherito Leré" e "Al pasar la barca".
|
FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA - PRIMARIA #BibliotecaCreativa #UnhaBEenViñetas #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
O MUNDO POLAR - EXPERIMENTANDO #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de tres anos emprendeu un proxecto sobre "O mundo polar" e unha das súas actividades de experimentación tivo a auga como fío conductor. A colleron e fase líquida e a converteron a sólida, posteriormente a pintaron e conversaron sobre que pasaba ao manexala e pasar o tempo. Pequenos procesos de investigación e reflexión.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- seguinte ›
- última »