Título | Resumo |
---|---|
PEZAS SOLTAS TRANSFORMACIÓN #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal #piezassueltas |
Gracias a unha familia agrandamos a cantidade de pezas soltas que tíñamos. Fixemos unha transformación coloreando as pezas e hai un obxectivo. Estas personaxes convertiranse nas protagonistas dunha provocación, que de seguro será de deleite da rapazada. Crear xuntos é un pracer! Este tan só é o comezo!
|
XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
ESPAZO #bibliotecaCreativa #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos |
O alumnado documéntase sobre o espazo, crea maquetas e prepara unha exposición oral cos datos recadados.
|
XOGOS DE MESA - 2ª sesión #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Shaila e Adrián voltan ofrecer ao alumnado de tres anos un obradoiro de xogos de mesa, cada certo tempo cambiaban de xogo e comezaban unha nova partida. Os máis pequenos da escola xa se manexan que da gusto velos!
|
DigiCraf #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
ILUSTRANDO A LUISA #AMI #LetrasGalegas24 #LuísaVillalta #Radionabiblio #bescolaresgalabertas |
Os recursos da biblioteca proporcionan unha oportunidade motivadora para profundizar no coñecemento da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024. Luisa Villalta, as portadas das súas obras e o seu violino son percorridos por decenas de ollos ávidos de coñecemento, son radiografíados para logo as mans tenras e cheas de saber do noso alumnado, tracen liñas e curvas, repasen e den cor; ata conseguir trasladar cada recodo que permanece nas súas mentes. Logo fotografían os debuxos coas cámaras dos ipads e as pasan á aplicación "Animated Drawings" para darlles vida ás personaxes. Luisa baila, salta, corre e o mesmo fai o seu violino e as súas obras movéndose todas a un compás que só ela podía conseguir.
|
RICARDO FREIRE NA VOZ DE ALICIA #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #RadioExperimental |
Unha nova gravación vén a documentarnos no noso proxecto "Música, Maestro!"
Cedeira é un pobo de artistas musicais, que incluso na emigración chegaron ao máis alto.
Hoxe na voz de Alicia Freire, a súa filla, rendímoslle homenaxe a unha figura musical que
chegou a Uruguay e volveu para agasallarnos co máis bonito que tiña, os acordes da súa guitarra.
|
SON DE CEDEIRA - UNHA VILA CANTANDO #PDI #ALFIN #AMI #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Queremos dar as gracias a todas e cada unha das persoas que se volcaron coa escola, tanto brindando información, como participando en innumerables obradoiros, actividades de documentación, gravacións en radio, identificación de persoas nas fotografías, realización de xogos, música, concertos ofrecidos... é tanto o que nos destes que rematamos cheos e cheas de orgullo pola nosa vila e as nosas xentes. Sabedes tanto, tanto, non sabemos se sodes conscientes do privilexio que temos. Sodes libros abertos e nós dámosvos as gracias. Para a memoria de todas e todos un recordo: "A praia do Varadeiro" ou "Son de Cedeira" (como guste).
|
REDEIRAS POR UN DÍA #CeforeFerrol #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
O alumnado da escola converteuse en redeiras e redeiros guiados por Paula do Mimo (Paula González López), co apoio do CFR de Ferrol.
|
PROBA CORES NA LUZ NEGRA #teatronaBE #AulaSensorial #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A obra de teatro dos Vagalumes ten un acto baixo luz negra. Así que primeiro tiveron que experimentar que cores poden verse nesta luz, así experimentaron na aula sensorial con esta luz.
|
TERTULIAS DIALÓXICAS - HORA DE LER #Clubsdelectura #Horadeler #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nas tertulias dialóxicas de 2ºC están lendo "O teu corpo é teu" de Lucía Serrano, para reflexionar sobre o bo trato, coñecer o nome das partes do noso corpo e aprender a coidarnos e coidarse.
|
CLUB DE LECTURAS - TALLER DE MEMORIA #Lecturascompartidas #Clubsdelectura #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Unha parte do alumnado do Club de Lecturas "Chocolate con libros" achegouse ata o edificio do Auditorio manter unha xornada de convivencia coas avoas e avós do taller de memoria que organiza a mestra Marta. Foi unha experiencia moi gratificante na que, despois das presentacións, a rapazada máis pequena contoulles, en pequenos grupos o conto de "Arturo e Clementina" de Adela Turín. Logo os avós contaron tamen outros de tradición oral, máis tarde tivemos sesión de xogos de mesa e rematamos todos xuntos ao compás de "A praia do Varadeiro".
|
PROXECTO DE ENXEÑERÍA #BibliotecaCreativa #PolosCreativos #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os equipos de enxeñeir@ construen un barco e unha ponte levadiza cun sensor de movemento. Cando chega o barco sube, e logo volve á súa posición. Un proxecto que da moito que pensar! Parabéns á rapazada e ao seu guía!
|
APADER ACTIVIDADES INTERCENTROS #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Continuamos con máis actividades intercentros coa asociación Apader. Rapazada disfrutando e aprendendo nun obradoiro artesá!
|
PATIO LECTURA #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Estas son desas cousas que non esperas e que te enchen de emoción, esas cabeciñas ledas e bulideiras si que escoitan o que dicimos, non sempre o poñen en práctica cando desexamos. Pero un día, e sen previo aviso, alguén salta nun puff do patio de lectura e plooofff milleiro de boliñas brancas saen polo aire, non é neve non! Ese día é de sorpresa ao ver o patio verde totalmente branco. Ao seguinte, empezan a falar, a comentar e sen saber moi ben como, aparecen espallados polas paredes papeis que poñen: "Búscase voluntariado para limpar o patio de biblioteca", cada recreo o patio atibórrase de voraces crianzas adicadas a apañar boliñas e boliñas. Vasos, pinceis, escobas... e agora ata unha aspiradora é o seu obxecto no recreo. As profes observamos e guiamos (só se o solicitan, pois isto é unha xerra de ilusión a tantas verbas que crees que caen na nada). Cando queren saben como organizarse e sacar adiante o que se propoñan. Orgullo de rapazada!!
|
"MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Coa intención de facer que as tradicións perduren, refresquemos a memoria e practiquemos en familia! Proxecto "Música, Maestro!" Gracias Mari Luz Lorenzo!
|
XOGOS DE MESA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Nesta ocasión Shaila e Adrián ofreceron ao alumnado de tres anos un obradoiro de xogos de mesa, cada certo tempo cambiaban de xogo e comezaban unha nova partida. Os máis pequenos da escola xa se manexan que da gusto velos! Aquí a primeira sesión.
|
MOCHILAS VIAXEIRAS 5 ANOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os viaxes das mochilas viaxeiras de cinco anos están chegando ao seu fin. Seica gozaron do lindo na casa da rapazada!
|
DANZA DE AROS #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Contounos Mari Luz Lorenzo que na vila só bailaron a Danza de Aros, dúas ou tres veces, pois realmente era cos aros das nasas e só o bailaban as nenas vestidas de branco e azul. A ela ensinóullela Pupé e como non tiñan gaiteros que souberan a peza a bailaban co "Antigo Reino de Galicia", que era o máis parecido. Era un baile fermoso, pero custoso e selectivo, hoxe os tempos mudaron. Quixemos retomar este baile, que Mari Luz acubilla con tanto amor cando fala del, pero adaptándoo aos nosos tempos, así que aquí bailamos todos. A verdade leva o seu tempo aprendelo, pero cando tiñan tódolos pasos traballados as caras enchíanse de felicidade, ao ver o que conseguiran. Quizais, sexa esta nova rapazada a que lle de mil voltas á Danza de Aros.
|
ESTREA O SISTEMA SOLAR #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O Sistema Solar fermoso traballo do alumnado de 2ºB e 2ºA. Moitos parabéns rapazada!
|
ENTREVISTA A MARI LUZ LORENZO - RADIO NA BIBLIO - DOCUMENTACIÓN PROXECTO #PDI #ALFIN #AMI #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Tivemos o gran pracer de pasar varios xoves con Mari Luz Lorenzo e deixou pegada na rapazada e na que non é tan peque. Mestras, antigas alumnas da súa escola de baile, de regueifas e aturuxos... Tempo de escoitar, bailar, cantar, ver fotografías e aprender que se tiramos do fío...cantas cousas aprendemos, cantos agasallos en verbas, contos, imaxes... aprendemos a coñecernos, saber de onde vimos e ver a nosa herdanza. Gracias Mari Luz polo agasallo de terte, nesta escola que é a túa ti espallaches cultura galega! Unha lección de amor á terra e ás súas xentes! De fondo as voces máis bonitas, a dunha rapazada xa medrada, o coro escolar "Cascarriola" do CEIP Nicolás del Río, ano 2009.
|
AS AVOAS NA RADIO - "MÚSICA, MAESTRO" #Radionabiblio #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Hoxe podemos escoitar ás avoas: , nas Radios da vila (Onda Discalza e Experimental). As radios unidas nun proxecto común para darlle voz ás nosas xentes e documentarnos! Proxecto "Música, Maestro". Gozade da súa escoita!
|
CANDO EU TIÑA A TÚA IDADE - HOLOCAUSTO - LIBRO HUMANO - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este mércores 29 de maio contaremos cunha persoa libro que nos enche de emoción. Tom Leimdorfer contará a súa vivencia durante o Holocausto en inglés e a súa filla Karen irá traducindo ao galego. Mentres narran irán situando ao alumnado no periódo histórico e sitúando xeográficamente. Nesta ocasión asistirá o alumnado de sexto de primaria, pero ao igual que noutras ocasións estará aberto ao público. Unha historia verdadeira da vida dun avó do noso alumnado. Un libro vivo!
|
COLOFÓN PROXECTO #PDI #ALFIN #AMI #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Como colofón do proxecto levado a cabo durante todo o curso escolar, toda a comunidade do CEIP Nicolás del Río, queremos convidar ás nosas xentes, á nosa vila a participar cantando "A praia do Varadeiro". Esta é só unha de toda a inmensidade musical que coñecemos e traballamos este ano, foi a canción que nos cantaron as avoas: Josefa Leonardo Díaz, Victorina Garrote Garrote, Consuelo Quintana García (Meni), Estrella Leonardo Martínez e Josefa López Rey. Ide practicando, que este venres 14 de xuño, ás 9:20h, vémonos no muro da praia da Madalena, con ou sen instrumento para cantar todos e todas xuntas. Deixámosvos, abaixo en ficheiros adxuntos, o mp3 coa versión que cantaremos. Se clicades arrriba veredes o vídeo coas estrofas que estamos ensaiando. Repetiremos a canción dúas ou tres veces para gravar e quedarnos coa mellor versión. Un proxecto de toda unha vila!
|
RECOMENDACIÓNS DO CLUB DE LECTURAS #Lecturascompartidas #Clubsdelectura #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Ollade ben! Aquí van as recomendacións de lectura do noso alumnado do Club de Lecturas "Chocolate con libros". Neste verán non quedes sen un libro!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- seguinte ›
- última »