Venres, 24 de marzo de 2017
SAÍDA A PORTONOVO NO PROXECTO "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"
Unha das actividades que facemos no noso colexio dentro do proxecto "O sabor da aventura está no mar" é realizar unha saída programada ao porto e lonxa dunha das localidades da zona. A través dela podemos coñecer e aprender máis sobre a actividade pesqueira e o marisqueo, os produtos do mar e a importancia do seu consumo para a nosa saúde, á vez que nos sensibilizamos co coidado e respecto do mar.
Dende hai moito tempo desexabamos poder facer esta visita a un lugar moi pretiño a nós e que pertence á nosa contorna: Portonovo.
Como o alumnado de Infantil e 1.º e 2.º de Primaria xa foran ao Grove no mes de outubro, desta vez tocounos ao alumnado e profesorado de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Primaria ter a oportunidade de ir ata Portonovo para coñecer a lonxa, o porto, a actividade das redeiras, a Praza de Abastos e a Casa Mariñeira de Fernando.
Na lonxa recibiunos Joselito, o Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Portonovo, quen fixo de guía durante a visita polo porto e nos contou moitíííísimas cousas interesantísimas sobre a captura de peixe, a comercialización do mesmo, o funcionamento da lonxa, a organización dos traballadores que pescan nos arredores de Portonovo, outros traballos que dependen da pesca, a historia do porto de Portonovo, etc.
![](/centros/ceipnantes/system/files/u29/P1000412_web.JPG)
A continuación, visitamos ás redeiras. Mentres estas mulleres incansables non deixaban de traballar reparando as redes, contáronnos moitos segredos sobre a súa labor e contestaron a todas as nosas preguntas moi amablemente. Sabedes que a rede máis pequena mide máis de 600 metros?? ![Sorprendido Sorprendido](http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnantes/sites/all/libraries/tinymce/jscripts/tiny_mce/plugins/emotions/img/smiley-surprised.gif)
Despois de visitar o porto, contando en todo momento coa guía e información que nos proporcionaban Joselito e os dous monitores que nos acompañaron, fomos á Praza de Abastos de Portonovo. Ademais de aprender a identificar moitos peixes, a distinguir o pinto da maragota, a interpretar a información que hai nas etiquetas do peixe que se vende alí e moitas outras cousas... Ana, a pescantina, deunos unhas piruletas e a dona da floraría uns globos. Que ben se portaron todos e todas con nós!! ![Risa Risa](http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnantes/sites/all/libraries/tinymce/jscripts/tiny_mce/plugins/emotions/img/smiley-laughing.gif)
Rematamos a xornada cunha Merenda Mariñeira, a base de hamburguesas e croquetas de peixe, na Casa Mariñeira de Fernando onde tivemos ocasión de ver un vídeo sobre o choco.
![](/centros/ceipnantes/system/files/u29/P1000466_web_0.JPG)
![](/centros/ceipnantes/system/files/u29/P1000486_web.JPG)
Que ben o pasamos!! ![Risa Risa](http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnantes/sites/all/libraries/tinymce/jscripts/tiny_mce/plugins/emotions/img/smiley-laughing.gif)
![Guay Guay](http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnantes/sites/all/libraries/tinymce/jscripts/tiny_mce/plugins/emotions/img/smiley-cool.gif)
(Podedes ver toda a xornada premendo nas fotografías)