Skip to Content

Refórzate-T (PROA)

Historia con dados

Mércores 27 de maio de 2020

Bo día, nenos e nenas!

Que tal estades? Esta semana adiántome un pouco e poño xa a tarefa. Recordades o día que utilizamos os dados de historias na clase? Pois agora hai que facer algo parecido. Como non tedes os dados, déixovos unha páxina web que nos da a posibilidade de utilizalos. A páxina é a seguinte:

Dados de historias

Se pinchades en cada cadrado a páxina xera, automáticamente, unha imaxe.

A continuación deixo un exemplo do que me tocou a min.

  • Protagonista: Doraemon
  • Localización: Mar
  • Antagonista: Pirata
  • Mascota: Unicornio
  • Obxeto persoal: Varita máxica
  • Acción: Investigar

E con eses elementos tería que facer unha historia. Recordade facelo en galego!

A próxima semana leremos as historias nas videoconferencias.Se hai algunha dúbida so tedes que escribirme un correo.

Un saúdo

Profe Jéssica

 

Exercicios matemáticas

Luns 25 de maio de 2020

Ola, nenos e nenas

Que tal estades? Eu moi contenta polas videoconferencias que fixemos.

Como xa vos dixen deixo aquí as tarefas desta semana. Xa coñecedes a páxina web, cada persoa ten que pinchar no seu curso.

Para a semana comentámolas.

Terceiro

Cuarto

Quinto

Sexto

ACS

Vémonos nuns días. Recordade ter a man uns cascos (para usar en caso de que se escoite con eco), un papel e un lapis.

Un saudiño. 

Lingua castelá, 11 de maio

Luns 11 de maio de 2020

Bo día a todos e a todas! Que tal estades? Como van eses paseos?

Hoxe, como cada luns traio novas propostas para traballar. É hora de prácticar un pouco a lingua castelá e, como de costume, precisamos un ordenador, unha tablet ou un móbil. Esta semana farémolo cunha páxina web para facer fichas dende o propio ordenador (tablet ou móbil). Coma sempre deixo por aquí abaixo os enlaces para cada curso.

- Terceiro e cuarto

- Quinto e sexto

- ACS

Ao rematar a ficha tedes un botón para clicar e ver as respostas correctas. Tamén podedes ensinarme as vosas respostas enviando correo electrónico. Xa sabedes, se hai algunha dúbida ou se queredes máis fichas só tedes que escribirme un mail ao meu correo: reforzat.nantes@gmail.com

Unha aperta, profe Jéssica.

 

Repaso matemáticas

Luns 4 de maio de 2020

Bo día unha semana máis! Que tal? Como van eses ánimos? Hoxe traio uns test para repasar un pouquiño matemáticas. Son test para facer dende un ordenador, un móbil ou unha tablet. Aquí abaixo deixo os enlaces dos test para cada curso, só tedes que clicar enriba e xa vos leva ás preguntas. 

Test 3º e 4º

Test 5º e 6º

Test ACS

Xa sabedes, se tedes algunha dúbida escribídeme un mail ao meu correo: reforzat.nantes@gmail.com

Tamén vos deixo unhas aplicacións para móbiles ou tablets: "math champions" e "matemáticas con Grin".

Biquiños xigantes.

Profe Jéssica.

 

Pasapalabra

Luns 27 de abril de 2020

Bos días nenos e nenas! Que tal? Como foi o paseo de onte?

Hoxe traio para vós unha proposta diferente. Coñecedes o programa Pasapalabra? Para quen non o coñeza, é un xogo que consiste en responder unhas preguntas tendo como única pista a letra pola que comeza a palabra; hai que responder todas as palabras do rosco! Déixovos unha imaxe para que vexades como é.

Rosco

Pois hoxe fixen un rosco de pasapalabra para facer en familia. Decidín facelo en galego porque sempre hai algunhas palabras que son difíciles. Para respoder tedes 12 minutos, pero non vos preocupedes que hai 10 intentos. Fixádevos ben se as palabras comezan pola letra ou a conteñen! Para xogar non necesitades nada máis que un ordendor, on móbil ou unha tablet.

Hai que clicar no enlace que poño abaixo e ir engadindo as respostas. Se non sabedes algunha pasades á seguinte. Ao final de todo teredes todas as vosas respostas (se tedes algunha mal tamén porá a solución correcta).

Rosco pasapalabra

Xa sabedes, quero que me escribades un correo e me contedes que tal o xogo!

Un biquiño grande.

Profe Jéssica.

 

Semana 20 de Abril

Luns 20 de abril de 2020

Bos días unha semana máis! Como van eses ánimos? Seguro que estades a facer moitísimas cousas interesantes estes días, xa me contaredes!

Hoxe traio unha proposta nova e, para levala a cabo, precisamos cartón (ou cartolinas), unhas tesoiras e un lapis. Imos facer un "memory", que é un xogo de tarxetas no que hai que ir levantando dúas de cada quenda e facer parellas. Os nenos e nenas de terceiro ides facer un memory de multiplicacións, os de cuarto de fraccións e os de quinto e sexto de números decimais. Os pasos a seguir son os seguintes:

1. Collemos a cartolina, debuxamos 24 cadrados e recortámolos.

2. Unha vez recortados facemos 2 grupos (en cada grupo 12 cadrados de cartón).

3. Collemos un cartón dun grupo e escribimos a multiplicación (2x3),a fracción  (2/3) ou o número decimal (0,3).

4. No cartón do doutro grupo escribimos o resultado da multiplicación (6), o debuxo da fracción ou como se le o decimal (cero coma tres).

5. Repetimos o mesmo proceso con todas as tarxetas, cambiando o que escribimos nelas.

6. Unha vez rematadas poñémolas boca abaixo, buscamos un compañeiro ou compañeira de xogo e desfrutamos!

Déixovos unhas imaxes dalgúns memorys xa feitos. Se tedes algunha dúbida podedes escribirme, déixovos o meu correo:

reforzat.nantes@gmail.com

Antes de despedirme gustaríame facervos un regaliño. Dixéronme que vos estades a portar moi ben, por iso quero darvos un diploma. Para iso só hai que clicar no enlace que poño máis abaixo, imprimilo e poñer o voso nome.

Moitos bicos e apertas da profe Jéssica, vémonos moi pronto!

 

Lengua e lingua (3º, 4º, 5º e 6º)

Martes 14 de abril de 2020

Bos días a todos e a todas! Como foron esas vacacións? Espero que moi ben. Como sabedes tócanos estar na casa uns días máis, pero seguro que pasan voando! Hoxe traio varias propostas diferentes para seguir traballando na casa.

1. Lengua castellana. Os propongo una actividad con refranes. Los refranes son frases tradicionales que nos dan consejos, enseñanzas o pensamientos. Por ejemplo: "quien tiene un amigo tiene un tesoro", que significa que la amistad es muy valiosa y debemos cuidarla y valorarla. Estuve recopilando diferentes refranes para enseñaros pero... ¡se me colaron palabras que no tienen nada que ver con los refranes! Vuestra tarea es escribir bien cada uno de ellos, bien sea con ayuda de algún familiar o buscando en internet. Además debéis explicarme que significan.

  • Hasta el cuarenta de mayo, no te acerques a ningún papagayo.
  • Santa Rita, Rita, Rita, en casa estate quietecita.
  • A mal tiempo, buena casa.
  • En boca tapada no entran virus.
  • El que se fue a Sevilla ganó una multilla.
  • Aunque la mona se vista de seda en casa se queda. 
  • No hay cuarentena que cien años dure.
  • Después de la cuarentena siempre llega la calma. 

2. Lingua galega. Imaxinade que cando acabe todo isto ides á praia coas vosas familias e atopades unha botella cunha mensaxe dentro. Que porá nesa mensaxe? Quen a escribiu?... Tedes que poñer a funcionar as cabezas e contarme TODO sobre esa mensaxe.

Para ensinarme ambas actividades podedes escribirme directamente un correo ou facelas nun folio e envialas nunha foto ao correo. Recordade: reforzat.nantes@gmail.com 

Como extra déixovos unha aplicación para xogar na tablet ou no móbil: "escribién".

Tamén podedes xogar un pouco con vedoque, recordade: www.vedoque.com

Moitos bicos e moito ánimo que non queda nada! 

Profe Jéssica 

 

Xogos de repaso (3º, 4º, 5º, 6º)

Venres 3 de abril de 2020

Ola nenos e nenas! Son Jéssica, a profe de Refórza-T (PROA). Como estades? Espero que moi ben! Que vos parece se para Semana Santa repasamos un pouquiño con xogos? Todos os xogos están en "cokitos" e xa coñecedes a páxina web, aínda así deixo por aquí abaixo os enlaces directos para cada curso.

- Terceiro: repaso das táboas de multiplicar

- Cuarto: repaso de fraccións

- Quinto: repaso de sumas con números decimais

- Sexto: repaso multiplicacións

-ACS: cálculo mental e sopa de sumas

Tamén vos deixo o nome de dúas aplicacións (para móbil e tablet) moi interesantes: "smartick" e "calculitos".

Estas son as miñas propostas, pero podedes practicar matemáticas con outros xogos da mesma páxina web, como faciamos na clase.

Déixovos o meu correo electrónico por se tedes algunha dúbida ou para que me contedes con que xogos practicastes. Agardo que me escribades!

reforzat.nantes@gmail.com

Un biquiño e unha aperta moi grande, vémonos pronto.

Profe Jéssica

Distribuir contido


by Dr. Radut