Martes 21 de abril de 2020
Ola!
Que tal estades?
Seguro que mellor agora que ides poder saír un pouquiño.
Quero propoñervos unhas actividades plásticas para estes días.
Para PRIMEIRO:
Propoño que fagades unha marioneta cun calcetín. Déixovos algunhas imaxes para que vos inspiredes, pero en internet hay centos máis. Podedes facelas con ollos saltóns, con complementos como gorro ou gafas, con extremidades...con todo aquilo que se vos ocorra.
Tomade tempo para pensar como a queredes facer e logo...mans á obra!
Cando rematedes podedes presentarma enviando unha foto a clase.segundo.nantes@gmail.com
Seguro que vos quedan chulísimas!
Para SEXTO:
Propoño que fagades a vosa viñeta ou historia animada mediante un folioscopio ou flipbook.
E iso que é?
Pois no seguinte enlace tedes unha breve explicación, pero en canto vexades o vídeo cos exemplos xa entenderedes por completo do que vos estou falando.
https://es.wikipedia.org/wiki/Folioscopio
https://www.youtube.com/watch?v=fpQ4Eiq-0Bg
A idea é que fagades algo similar ao do video, partindo do exemplo do cohete podedes facer un avión despegando, ou parecido ao do globo podedes facer un obxecto caendo dunha altura, pero non dubido da vosa creatividade e sei que me sorprenderedes.
Só necesitades folios, lápis e pinturas.
Se doblades un folio á metade 3 veces quédanvos anacos de máis ou menos 10,5x7,5 cm. tamaño aproximado aos do vídeo.
Se tedes calquera dúbida podedes escribirme a clase.segundo.nantes@gmail.com
E non esquezades mostrarme o resultado.
Ánimo a todos e todas!