Skip to Content

Educación Artística Plástica

ACTIVIDADES PLÁSTICA DURANTE A CRISE DO COVID-19

Sábado 21 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA 3º, 4º E 5º DE ED. PRIMARIA.

Ola rapaces/as,

Espero que o estedes levando todo ben! Agora vouvos propoñer unha actividade que tocaríanos facer na clase pero que por estas circunstancias non se pode.

  • Imos traballar a técnica do collage! Un collage é unha composición de moitas imaxes creando unha soa imaxe, pode ser mediante recortes de revista ou fotos. Imos comezar facendo un collage mediante o ordenador ou unha tablet, tan só tedes que clicar no seguinte enlace e aceptar o flash. http://www.pentacom.jp/soft/ex/collage/collage.html
  • Para poder gardalo, podedes facer unha captura de pantalla.
  • Ademáis, anímovos a todos/as a facer un collage con recortes de revistas que poidades ter por casa, tan so necesitades un folio, un par de revistas, tesoiras e pegamento.
  • Se queredes comezar a facer collage con fotos que tiñades, podedes descargar a APP: Pic Collage!

 

Espero que vos guste a tarefa e se tedes algunha dúbida ou queredes mandarme o voso collage, contactade comigo mediante e-mail a: quinto.ceipnantes@gmail.com

O horario de contacto é de 10:00 a 13:00.

Vémonos á volta! Moito ánimo!

Profe Alejandro.

Distribuir contido


by Dr. Radut