Domingo 11 de xuño de 2017
Este ano, o Día da Familia organizado pola ANPA foi moi especial. A viaxe comezou no colexio rumbo a Santiago.
Aí visitamos a Cidade da Cultura situada no monte Gaiás.
A catedral foi a seguinte parada.
E... chegou a hora de xantar.
Pola tarde fixemos o camiño e volta en barco desde Pontecesures ata Vilanova de Arousa, onde nos agardaba o autobús para volver ao colexio.
Chegamos moi cansos pero felices de compartir esta divertida xornada.
Agardamos pasalo igual de ben o vindeiro curso!!!
(Podedes ver a xornada completa premendo nas fotografías)