Skip to Content

Semana Americana/Inglesa

Thanksgiving / Elvis Presley

Novembro 2018

  Este ano durante a semana na que se celebra o

  día de "Thanksgiving" en EE.UU aproveitamos

  para recordar un pouquiño en que consiste ese

  día e como novidade, arrancar coa semana

  adicada a Elvis Presley.

  Durante estes días estudamos aspectos da súa

  vida, a súa carreira persoal e algunha curiosidade,

  ademais de ver un pouco de xeografía americana.

 

Para esto realizamos diversas actividades no centro dependendo do curso:

debuxos coloreados, ordenar letras en palabras, caretas, cantamos

cancións, traballos para expoñer na aula e un concurso de preguntas.

Pero esto aínda non rematou. Usando a persoa de Elvis Presley, ao longo do curso seguiremos facendo actividades para mellorar en lingua inglesa.

 

A ELVISMANÍA EN 2.º

Xoves 22 de novembro de 2018

A ELVISMANÍA XA ESTÁ AQUÍ!

Un ano máis chega ao colexio a Semana Americana, nesta ocasión da man de Elvis Presley.

Na clase de 2.º axiña nos puxemos mans á obra.

Comezamos vendo vídeos en Internet. A canción "El rock de la cárcel " é a nosa favorita.

Fixemos un mural cun Elvis a tamaño real, co seu nome e apelido cheeeeeos de estrelas.

 Mirade que xenial nos quedou!!!

Tamén elaboramos unhas caretas coas que nos disfrazamos o xoves.

Por último participamos no concurso organizado para os diferentes cursos.

Podedes ver todos os nosos traballos na entrada e no corredor da planta

baixa. Agardamos que vos gusten!

 

A BEATLEMANÍA CHEGA A 1.º!!!

Venres 24 de novembro de 2017

Con motivo da celebración da Semana dos Beatles, na clase de 1.º non nos puidemos resistir ao encanto desta magnífica banda de música. Ademais de escoitar as cancións, buscamos información sobre a súa historia e fixemos varias manualidades.

Mirade os resultados!!!

Podedes ver a exposición con todos os traballos na entrada do

colexio!

 

SEMANA HAWAIANA

21 a 25 de novembro de 2016

Este ano celebramos a Semana Hawaiana!!!

Hawaii é un dos 50 estados de EEUU, que ten como idiomas oficias o inglés e o hawaiano. Ademais, Aubrei, a auxiliar de conversa que nos acompaña este curso, procede deste exótico lugar, polo que nos axudou moitísimo a achegarnos á súa cultura, costumes...

Comezamos elaborando un mural con todas as illas que compoñen o asquipélago de Hawaii.

Elaboramos a bandeira, formada pola bandeira de Reino Unido e por oito franxas horizontais (unha por cada illa das que compoñen o arquipélago), que segue a secuencia de cores branco, vermello e azul.

Aubrei elaborou un fantástico power point co que aprendemos moitas cousas de Hawaii: o saúdo, as comidas típicas, a capital, a flor do estado, as danzas...

Para rematar, organizamos 3 concursos de preguntas:

As gañadoras foron:

  • 1.º e 2º Primaria: ninguén acertou todas as preguntas, pero houbo un agasallo para os nenos/as que resolveron máis cuestións.
  • 3.º e 4.º Primaria: Valeria (4.º)
  • 5.º e 6.º Primaria: Paula (6.º)

 

O ano que vén investigaremos sobre outro país

de fala inglesa.

ALOHA!

 

BANDEIRAS DE HAWAII (2.º PRIMARIA)

Xoves 24 de novembro de 2016

Chega a Semana Hawaiana!!!

Os nenos e nenas de 2.º fixemos as bandeiras de Hawaii para decorar o mural da entrada. Tivemos que fixarnos nas cores, no número de franxas, na distribución das cores...

...e este foi o resultado:

 Nuns días colocarémolas no mural.

 

ALOHA!!!

 

BRITISH WEEK 2015

Venres 27 de novembro de 2015

Ao longo da última semana do mes de novembro celebramos a...

 

SEMANA INGLESA

 

Realizamos un montón de actividades que nos serviron para coñecer a cultura británica.

 

Paola preparou unha fantástica presentación que expuxo en inglés en todas as aulas. Así coñecemos os países que forman parte de Reino Unido, as cidades máis importantes, a bandeira...

Os alumnos/as de 6.º de Primaria prepararon coa profe Merce varias poesías e un traballo sobre un dos escritores ingleses máis famosos de todos os tempos: William Shakespeare. Eles mesmos foron os encargados de recitar e explicar estas actividades aos compañeiros/as dos demais cursos.

Ao igual que o ano pasado, decoramos a entrada con bandeiras e murais.

Os traballos realizados quedarán expostos no colexio durante varios meses. Non deixedes de botarlle unha ollada!!!

 

(Clicando en calquera fotografía accederedes á galería para ver o desenvolvemento completo da Semana Inglesa).

 

E... para coñecer a gastronomía, nada mellor que degustar un almorzo inglés saudable e delicioso.

(Preme na fotografía para acceder á entrada dos almorzos saudables)

 

QUE RICO!!!

 

AMERICAN WEEK 2014

Venres 28 de novembro de 2014

Este ano celebramos a SEMANA AMERICANA, unha proposta moi interesante que nos achegou á cultura estadounidense: lingua, moeda, tradicións... a través dun gran número de actividades.

 

O primeiro que fixemos foi decorar a entrada do colexio cun fantástico cartel e unhas bandeiras. Aquí tedes o resultado:

 

Continuamos coñecendo a tradición de Thanksgiving (Acción de Gracias). A mestra de Inglés explicoulles aos alumnos/as a súa orixe e realizaron un pavo espectacular dando as grazas por diferentes motivos en galego, castelán e inglés.

Non deixedes de botarlle unha ollada ás súas mensaxes!!!

 
 
 
Outra das tradicións americanas máis coñecidas son os almorzos con tortitas. Pois... mans á obra!!! Os nenos de 6.º curso de Primaria, acompañados das súas mestras, fixeron tortitas para todos.

 

No recreo, tanto os mestres como os alumnos prepararon os seus dólares para poder mercalas.

Estaban tan boas que non sobrou ningunha.

 

Para clausurar a semana, cada un dos diferentes niveis do centro realizou unha exposición oral do traballo que elaboraron sobre unha cidade americana:

  • 4.º e 6.º Infantil: MIAMI
  • 5.º Infantil: NUEVA YORK
  • 1.º Primaria: FILADELFIA
  • 2.º Primaria: SEATTLE
  • 3.º Primaria: SAN FRANCISCO
  • 4.º Primaria: NUEVA ORLEÁNS
  • 5.º Primaria: LOS ÁNGELES
  • 6.º Primaria: WASHINGTON D.C.

Todos quedaron expostos nun mural situado entrada do colexio.

Aproveitade para lelos porque teñen información moi interesante!!!

 

Os alumnos de 5.º de Primaria puxeron fin á Semana Americana cunha breve historia en inglés sobre a orixe do Día de Acción de Gracias.

Podedes velos neste vídeo:

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

Para acceder á galería só tedes que clicar na seguinte fotografía:

 

Non deixedes de ver todos os traballos. Eperáranvos na entrada do colexio!!!

 

TRABALLOS DE 2.º DE PRIMARIA PARA A SEMANA AMERICANA

Novembro 2014

Ao longo dos últimos días de novembro estivemos a realizar varios traballos relacionados coa Semana Americana.

En primeiro lugar fixemos a bandeira de Estados Unidos. Para elo, investigamos cales son as súas cores, os elementos que a forman... Descubrimos que:

  • Ten un fondo azul con 50 estrelas brancas, unha por cada estado do país.
  • Está formada por 13 liñas, 7 vermellas e 6 brancas, colocadas horizontalmente alternando as cores.

Mirade que ben nos quedaron!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Logo, realizamos un póster en galego e en inglés sobre a cidade de Seattle. Buscamos moita información coa que aprendemos a súa situación, a poboación, o símbolo máis representaivo, algúns lugares interesantes para visitar, series de televisión que se desenvolven nesta cidade, músicos famosos, etc.

Ao rematar, fixemos e colocamos varios carteis coa información que encontramos:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Este é o resultado final e así de orgullosos posamos co noso traballo!!!

 

 HAPPY AMERICAN WEEK!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut