Skip to Content

DÍA DA FAMILIA 2014

O domingo 22 de xuño puxemos punto e final ao curso celebrando o Día da Familia.

Este ano, con motivo da conmemoración do 25º aniversario do colexio, proxectamos un vídeo co que puidemos facer un percorrido por estes 25 anos. Cantas lembranzas!!!

Nesta ocasión tan especial quixeron acompañarnos antigos mestres e directores, aos cales agradecemos a súa asistencia.

Mestres, familias e alumnos desfrutamos desta xornada de convivencia degustando unha fantástica comida.

Os máis cativos pasárono en grande xogando nos inchables e nos columpios.

Se queredes acceder a toda a galería, só tedes que clicar en calquera das fotografías.

 

ATA O ANO QUE VÉN!!!



page | by Dr. Radut