Skip to Content

Olimpíada matemática

IV OLIMPÍADA MATEMÁTICA

Xoves 13 de xuño de 2019

Despois dun ano de espera... xa está aquí IV Olimpíada Matemática!!!

Os alumnos/as de Primaria, en grupos de 3 ou 4 integrantes, tiveron que resolver un total de 6 probas nas que foron sumando puntos:

III OLIMPIADA MATEMÁTICA

Venres 27 de abril de 2018

Por terceiro ano consecutivo celebramos a Olimpiada Matemática, un reto constituído por 6 probas dirixido ao alumnado de Primaria.

CELEBRACIÓN DA II OLIMPIADA MATEMÁTICA

Venres 12 de maio de 2017

Este ano celebramos II edición da Olimpiada matemática, unha proposta coa que pretendemos traballar as Matemáticas dunha forma lúdica, divertida e creativa.

O funcionamento foi practicamente igual ao da primeira edición: os equipos, formados por 2 ou 3 integrantes, tiñan que resolver unha proba matemática diferente cada 6 minutos.

As probas foron:

  • Cifra misteriosa.
  • Ilusión óptica.
  • Tangram.
  • Enigmas.
  • Series.
  • Labirinto.

Os alumnos/as que asisten ao Contrato-Programa, con axuda dos mestres/as, encargáronse de explicar e corrixir as probas.

Despois da competición e de sumar as puntuacións... os gañadores/as foron:

  • Hugo, Pablo e David (2.º Primaria)
  • Mateo A. e Daniela (4.º Primaria)
  • Paulo e Noa (equipo TEI)

 

Parabés a tod@s!!!

(Clicade nas fotografías para acceder á galería)

 

II OLIMPIADA MATEMÁTICA

Martes 9 de maio de 2017

Xa está aquí a...

Moita sorte a todos os equipos!!!

 

CELEBRACIÓN DA I OLIMPIADA MATEMÁTICA

Xoves 17 de marzo de 2016

Hoxe tivo lugar no colexio a I Olimpiada Matemática, unha proposta novidosa enmarcada na Semana da Ciencia coa que pretendemos traballar as Matemáticas de forma lúdica e divertida.

Os alumnos/as de Primaria, agrupados en equipos de 2 membros (tres nalgúns casos), tiñan que resolver 6 probas de diferente dificultade (segundo o ciclo educativo) nun tempo establecido de 8 minutos:

  • Cifra misteriosa.
  • Ilusión óptica.
  • Tangram.
  • Enigmas.
  • Series.
  • Labirinto.

 

Os encargados de explicar e puntuar as probas foron os nenos/as que asisten ás clases do Contrato-Programa.

E... os gañadores da I Olimpiada Matemática foron:

      • 1.º ciclo: Daniela e Iria.
      • 2.º ciclo: Mateo A. e Daniela.
      • 3.º ciclo: Laura, Juanma e Nerea.

 

 Parabéns a todos os participantes e aos gañadores/as!!!

 

(Clicade nas fotografías para ver toda a competición matemática)

 

I OLIMPIADA MATEMÁTICA

Marzo 2016

Chega a...

 

 

FORMA O TEU EQUIPO E

PARTICIPA!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut