Luns 10 de maio de 2021
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Concello de Sanxenxo ofertou aos centro de ensino do municipio unha representación teatral titulada "Xeliña fala galego", un espectáculo que percorre a vida e obra de Xela Arias, a escritora, tradutora e profesora á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.
A través de lembranzas, historias de vida, contos, cantigas, xogos... a compañía de teatro A trastenda dos contos fixo un ameno e completo repaso pola figura da autora homenaxeada este ano.
Os alumnos/as de 4.º de Primaria desfrutaron moito con esta magnífica obra!!!