Skip to Content

OBRADOIRO: "MARIÑA, A PINGUIÑA REVOLTOSA"

Venres 9 de abril de 2021

Os alumnos/as de Educación Infantil participaron nun obradoiro sobre sensibilización ambiental, organizado polo Concello de Sanxenxo, que leva por título, "Mariña, a pinguiña revoltosa".

A través da narración da historia dunha pinga de auga animada, os/as cativos/as puideron:

  • Concienciar que a auga é un recurso imprescindible para a vida e que non é inesgotable.
  • Favorecer a comprensión sobre como a contaminación da auga é un problema moi grave que afecta aos seres vivos e á calidade de vida das persoas.
  • Fomentar actitudes responsables como o aforro da auga.
  • Acadar cambios de actitudes e aptitudes (individuais e colectivas) sobre a xestión e o consumo da auga.

Sen dúbida, unha proposta moi interesante que agardamos repetir o vindeiro curso:)

 



page | by Dr. Radut