Abril 2015
O rosco das Palabras con Encanto cambia de ubicación. Podedes atopalo ao comezo do corredor do 1.º ciclo.
Desde o mes de abril xa están expostas todas as palabras. Cada alumno/a debedes elixir 1 delas, a que vos pareza máis curiosa, que vos chame a atención..., buscar o nome en castelán e en inglés, escribir o significado e ilustrala cun debuxo.
LEMBRADE: as plantillas necesarias tedes que pedirllas aos vosos titores/as.
A listaxe completa de palabras é a seguinte:
- COMEZA POR A: ameneiro
- COMEZA POR B: bexato
- COMEZA POR C: cachopa
- COMEZA POR D: devesa
- COMEZA POR E: érbedo
- COMEZA POR F: fungueiro
- COMEZA POR G: gaio
- COMEZA POR H: himenio
- COMEZA POR I: ichó
- COMEZA POR L: lizo
- COMEZA POR M: muraño
- COMEZA POR N: noiro
- CONTÉN O Ñ: barrosiña
- COMEZA POR O: ouriolo
- COMEZA POR P: paspallás
- COMEZA POR Q: queiroa
- COMEZA POR R: rebexo
- COMEZA POR S: sabugueiro
- COMEZA POR T: teixugo
- COMEZA POR U: uceira
- COMEZA POR V: velairiña
- COMEZA POR X: xara
- COMEZA POR Z: zamborca
Se as letras do rosco están de cor verde significa que xa hai traballos realizados con elas. En caso contrario, aparecerán marcadas de vermello.
AGARDAMOS OS VOSOS TRABALLOS PARA COMPLETAR O ROSCO!!!
PODEDES VER A EXPOSICIÓN NO MURAL DO CORREDOR