Skip to Content

#UNPASOMÁIS POLAS NENAS!

Outubro 2017

O 11 de outubro celébrase o Día Internacional da Nena. Co motivo desta conmemoración e coa colaboración da ONG Plan Internacional, as alumnas e alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria visitaron Compostela este xoves, día 5 de outubro, para realizar o último treito do Camiño de Santiago.

Saímos desde o Monte do Gozo e chegamos á Praza do Obradoiro, onde nos esperaban Concha López (Directora de Plan Internacional en España) e outras personalidades que nos acompañaron ata o Museo das Peregrinacións para selar a Compostela e realizar un acto de concienciación sobre a situación das nenas no mundo e as desigualdades que sofren cada día.

Logo da recepción, saímos outra vez á Praza do Obradoiro onde nos esperaba unha sorpresa final, a visita do programa “A Revista” da TVG. Grazas a isto, a nosa andaina tivo maior difusión para reivindicar a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas e a non discriminación das nenas en todo o mundo. 

Desde o CEIP de Nantes, UN PASO MÁIS POLAS NENAS!

Para ver o vídeo da TVG, tedes que acceder a este enlace e buscar o minuto 28:00 e o 1:02:00 (hai dúas conexións en directo). http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-3475400

E para ver as fotografías da nosa galería, picade nelas para acceder!



paxina | by Dr. Radut