Skip to Content

SAÍDA A EXPOSICIÓN DE TONUCCI

Luns 8 de maio de 2017

Os alumnos e alumnas de Infantil e 1.º e 2.º de Primaria, acompañados das nosas titoras, fomos ao Pazo da Cultura de Pontevedra a visitar a exposición: "Imaxinar a educación. 50 anos con Frato".

Frato é o alter ego de Francesco Tonucci, un coñecido pedagogo italiano que reinvindica sempre, a través dos seus libros e viñetas humorísticas, o sobrecargados que están os nenos e nenas de hoxe en día de xoguetes comerciais, videoxogos e tecnoloxía, aspecto que os priva de desenvolver a imaxinación e a creatividade propias da infancia. Tonucci sempre recorda que os seus xoguetes preferidos eran unha caixa de cartón, a cal imaxinaba que se convertía en millóns de cousas distintas, e un cabalo de papel, co que xogaba a facer carreiras de sopridos cos seus irmáns.

Nesta exposición, están moi presentes esas viñetas tan características de Tonucci e as caixas de cartón.

Pero especialmente, descubrimos unha gran zona de recreo na que experimentar coas mans, observar, explorar, mancharse, xogar e aprender.

Para iso, durante a visita, repartíronnos en dous grupos:

  • 1.º e 2.º de Primaria: realizamos construccións de madeira e experimentamos con elementos da natureza.
  • Infantil: tamén experimentamos coa auga, area... e xogamos cunha balanza e con xoguetes feitos de caixas de cartón.

Podedes ver a saída completa premendo en calquera das fotografías.

 



paxina | by Dr. Radut