Skip to Content

SAÍDA DE FIN DE CURSO 2017

Venres 26 de maio de 2017

Os alumnos e alumnas do colexio, desde 5.º de Educación Infantil ata 6.º de Educación Primaria, acompañados polo profesorado do centro, realizamos a excursión de fin de curso á Coruña.

Primeiramente, visitamos o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía), no que gozamos dun popurrí científico-tecnolóxico, no que puidemos observar desde a evolución de diferentes aparellos da vida cotiá ao longo do século XX, ata robots modernos coma Pepexán e Marilú. Pero sen dúbida, o que máis nos gustou foi ver as entrañas dun avión tan importante coma o Boeing 747.

Tamén participamos en talleres, nos que elaboramos helicópteros de papel que fixemos voar dende o último piso do museo ata o hall da entrada.

Antes de abandonar o museo, almorzamos no seu comedor.

Despois, pola tarde fomos ao parque de bólas, situado no polígono de Alvedro, onde nos repartiron en distintas naves para poder divertirnos con diferentes actividades axeitadas a cada idade.

Logo de xogar, merendamos no Parque do monte de San Pedro, na Coruña, desde onde podiamos ver a Torrre de Hércules e o Océano Atlántico.

Finalmente, recollemos todo e regresamos ao colexio, a onde chegamos preto das 8 da tarde, cun pouquiño de retraso... pero moi ledos e satisfeitos coa fantástica experiencia que vivimos.

Podedes acceder á galería premendo nas fotografías.

 



paxina | by Dr. Radut