Skip to Content

SAÍDA Ó TEATRO: "OESTE"

Abril 2018

Este martes, día 24 de abril, os alumnos e as alumnas do CEIP de Nantes asistiron á representación da obra de teatro "Oeste" a cargo da COMPAÑÍA CARACOL.

A obra representouse no salón de actos do instituto Francisco Asorey, en Cambados. Trátase dunha historia que discorre nun poboado do deserto onde hai vaqueiros, indios, persecucións, disparos... E na que ó final, a muller se da conta da gran forza que ten para poder elixir o seu destino.

Estivo xenial!



paxina | by Dr. Radut