Skip to Content

SAÍDA Ó SALÓN DO LIBRO

Abril 2018

Este xoves, día 26 de abril, o alumnado de 1º e 2º curso de primaria visitou o Salón do Libro en Pontevedra.

Nada máis chegar, tomamos a merenda para entrar con forzas á visita!

Xa no Pazo da Cultura e logo do recibimento de Orbil, visitamos o Salón do Libro. Nesta edición chamada "MULLERES DE CONTO", realízase unha homenaxe ás mulleres que conforman o mundo da literatura infantil.

        

E para rematar a saída, camiño de volta, paramos para xogar todos xuntos nun parque de Poio. Pasámolo xenial!

     

 Picando nas fotografías podedes acceder á galería completa!



paxina | by Dr. Radut