Skip to Content

Educación Infantil

#LEO DENDE A CASA- SÍLABAS TRABADAS PL/PR

Luns 4 de maio de 2020

Ola familias:

Despois dunha longa fin de semana, volvemos coas pilas cargadas e proseguimos con novas propostas.

Tócallle neste caso ás sílabas trabadas- PL/ PR-. Para elo, adxunto unha presentación con pautas para seguir traballando nesta liña e con actividades prácticas e interactivas coas que disfrutar.

Apertas virtuais e ¡ A DISFRUTAR DO LUNS!

SorrisoA PROFE MARTASorriso

 

¡¡PARABÉNS !!

Xoves 30 de abril de 2020 

 

UN POUQUIÑO DE COCIÑA...

  Xoves 30 de abril de 2020

Ola familias:

Aquí vos deixamos unha receita riquísima, sinxela e saudable. Podedes engadir outras froitas. Iso ao gusto Guiño

O proceso de pelar, cortar, exprimir… favorece a motricidade fina, polo que aconsellamos deixar aos nen@s certa autonomía neste proceso.

Unha vez preparada a macedonia:

Os de 3 anos: debuxarán as froitas empregadas.

Os de 4 anos: debuxarán e escribirán en maiúscula (con axuda) os nomes das froitas empregadas.

Os de 5 anos: debuxarán e escribirán en maiúscula e minúscula os nomes das froitas empregadas.

Sorriso¡DISFRUTADE DESTE PROCESO!Sorriso

 

 

#LEO DENDE A CASA- 6º EDUCACIÓN INFANTIL

  Xoves 30 de abril de 2020

Bos días, familias:

Seguimos avanzando na semana e con ela, presento novas propostas.

Por un lado propóñovos a "lectura" dun primeiro conto: "LA CASITA DE CHOCOLATE CON PICTOGRAMAS". Deixade que flúa a lectura, cada un ao seu ritmo... Poden ler o conto soamente a través das imaxes ou facer a lectura completa de palabras, oracións... Ao final do conto presento unhas actividades de comprensión; xa sabedes que é fundamental comprender o que lemos.

Por outra banda, e coa intención de practicar e reforzar o proceso escritor, presento unha serie de palabras vinculadas ao mundo animal que deberán ler e despois copiar. A actividade (documento adxunto) ten como finalidade a lectura, a escritura e a familiarización coa pauta. Recordade que tal e como establezo no pé de páxina dese documento, de non poder imprimilo, podedes crear as vosas propias pautas nun folio (pauta de 5 mm ).

APERTAS VIRTUAIS E IMOS A POLO XOVES!

SorrisoA PROFE MARTASorriso

English!!

Mércores 29 de abril de 2020

Hello!!

How are you?

Para esta semana propóñovos uns contos en inglés.

Pero antes saudémonos.

 

The Three Little Pigs

  

The Sly Fox.

 

Good bye. Have a  good weekend!

 

UN POUQUIÑO DE ARTE: OS XIRASOIS DE VAN GOGH

Mércores 29 de abril de 2020

Van Gogh pintou o cadro dos XIRASOIS coa intención de impresionar a Gauguin, coma un xesto de amizade.

Estamos seguras de que coas vosas creacións ídesnos impresionar a tod@s.


¿Qué necesitades?

1 folio ou cartolina.

Un puñado de macarróns.

Lápices de cores e rotuladores.

Pegamento e tesoiras.

Limpiapipas, lá ou fío.

¿Cal é o procedemento a seguir?

1.    Debuxades un círculo por xirasol, deixando unha distancia prudencial; pois tendes que contar co que van ocupar os macarróns.

2.    Se tedes témpera ou pintura de dedos, podedes pintar os macarróns de cores.

3.    Deixamos secar e colocamos os macarróns arredor do círculo.

4.    O talo: O podedes debuxar e colorear, facelo con trozos de lá, fío, goma eva, limpiapipas…

5.    Podedes facerlle un marco con trozos de cartón, cartolina ou folio de cor.

6.    Poñedes o nome e… ¡A vosa obra de arte está lista!

Recordade que nos podedes enviar foto das vosas creacións e que tedes total liberdade no emprego de materiais (adaptando ao que tedes na casa) e no diseño.

Guiño¡DISFRUTADE, ARTISTAS!Sorriso

 

#LEO DENDE A CASA-6º EDUCACIÓN INFANTIL

Mércores 29 de abril de 2020

Ola familias:

Déixovos para hoxe as seguintes propostas:

1. Lectura de frases e oracións con pictogramas.

2. Xogo co alfabeto móbil seguindo as pautas establecidas hai uns días (na presentación adxuntada).

3. Resolución de Xeroglíficos (documento adxunto).

¡Espero que disfrutedes da xornada!

Apertas virtuais.

SorrisoA PROFE MARTASorriso

 

 

#LEO DENDE A CASA- 6º EDUCACIÓN INFANTIL

Martes 28 de abril de 2020

Ola familias:

Adxúntovos a continuación as tarefas propostas para hoxe:

Por un lado, temos os exercicios de MINDFULNESS e ABN propostos noutra entrada; e por outro o traballiño específico de lecto- escritura (lectura de frases con pictogramas e as propostas co alfabeto móbil que no documento se adxuntan).

¡DISFRUTADE DO MARTES!

APERTAS VIRTUAIS.

SorrisoA PROFE MARTASorriso

 

MINDFULNESS E ABN- MATEMÁTICA MANIPULATIVA

Martes 28 de abril de 2020

Ola familias:

Deixamos a continuación unhas propostas para o día de hoxe; por un lado, unha actividade de MINDFULNESS e por outro unfa de ABN (MATEMÁTICA MANIPULATIVA), secuenciada por idade.

MINDFULNESS- O XOGO DAS ESPONXAS

Deixámosvos o seguinte vídeo da educadora, escritora e ilustradora Gemma Sánchez, co que traballar aspectos tan importantes como a concentración, a atención e a relaxación:

Apórtanos tranquilidade para comezar con “bó pé” o novo día Inocente

E… QUÉ VOS PARECE UNHA VEZ RELAXADOS… PRACTICAR UN POUQUIÑO DE ABN (MATEMÁTICA MANIPULATIVIVA)

Para os de 3 anos: Practicamos o conteo.

Para elo axudámonos do conto “Los 10 fantasmitas” (ADXUNTO)

Despois, farán saltos. Se tendes unha alfombra numérica (tipo puzzle) a podedes empregar. De non ser o caso, escribides en anacos de folio os números do 1 ao 10 e os nen@s irán saltando ao seu carón. Axudámoslle a contar, de ser necesario.

Para os alumnos de 4 anos: Repasamos a retroconta axudándonos do conto da “Cebra Camila”:

 Despois: creo aneis de plastilina ou enroscando anacos de servilletas e os coloco nos meus dedos, de forma ascendente ( do 1 ao 10) e de forma descendente ( do 10 ao 1).

Para os alumn@s de 5 anos: Repaso o conteo do 1 ao 20:

Collemos 20 lentellas ou fabas na cocina e… ¡A contar!

Collemos un folio e escribimos os números do 1 ao 20. Recortamos eses números e os metemos nunha bolsiña, bol, taza… Agora, é hora de asociar nº e cantidade. Sacades un papeliño (por exemplo, o 13) e colocades ao lado do nº 13, 13 fabas, e así sucesivamente. Podedes xogar coa vosa familia, sacando cantidades seguindo un turno.

¡DIVERTÍDEVOS! 

 

EXPERIMENTO PARA TODAS AS IDADES: "PESCAMOS CUBIÑOS DE XEO"

Luns 27 de abril de 2020

Ola familias:

Comezamos este luns coa proposta dun pequeno experimento para todas as idades. A continuación puntualizamos material e procedemento, tentando que sexades vós os que investiguedes a explicación deste fenómeno Sorriso

¡PESCAMOS CUBIÑOS DE XEO!

QUÉ MATERIAL PRECISAMOS?

  • Cando menos, un cubito de xeo (poden ser máis).
  • Un trozo de corda fina ou lá.
  • Un cuarto de cucharadiña de sal.
  • Un vaso de auga.

PROCEDEMENTO…

  • Poñede os cubiños nun vaso cheo de auga. Se o preferides podedes poñelos nun bol.
  • Deixade que un extremo da corda repose sobre os cubiños e esperade arredor dun minuto.
  • Tirade da corda, ¿qué ocorre? Seguramente, que tedes unha corda mollada na man e os cubiños seguen onde estaban.
  • Repetide o proceso botando sal sobre os cubiños.
  • Obtivéchedes o mesmo resultado? Ou a pesca tivo o su efecto?

Sorriso¡ADIANTE!Sorriso

 

Distribuir contido


by Dr. Radut