Skip to Content

Educación Infantil

AS MATES SON DIVERTIDAS

Xoves 26 de marzo de 2020

Ola a tod@s!  Esperamos que esteades ben e que pasen  estes días para que nos vexamos pronto, as profes tamén estamos na casa e nos acordamos moito de  vós.

Hoxe tocan mates e o queremos propoñer unha serie de actividades para cada idade que podedes atopar nun blog estupendo: marquirell.blogspot.com. Este blog traballa as matemáticas coa mesma metodoloxía que usamos no colexio. Clica  na idade e xa accederás directamente ás actividades recomendadas para cada etapa. 

 

3 anos

4 anos

5 anos

Cando entres no blog busca un dossier no que atoparás as actividades , o obxectivo da actividade e os enlaces para cada unha.

Ánimo a todos! Recordade que podedes consultar as dúbidas que teñades nos correos electrónicos das profes.

#LEO DENDE A CASA- LETRAS R/RR- F

Xoves 26 de marzo de 2020

Ola familias:

Seguimos coa nosa tarefa Risa 

Hoxe nos acompañan as letras R/RR e F e a correspondente tarefa de conciencia fonolóxica.

Calquera dúbida podédela plantexar no correo: laclasedemarta.nantes@gmail.com 

Un saúdo a tod@s e a seguir coidándose moito,

A profe MartaGuiño

 

PARABÉNS AOS CUMPLEAÑEIROS DO MES DE MARZO

Mércores 25 de marzo de 2020

Queremos facer unha entrada especial para felicitar aos alumnos que estiveron de aniversario nestes días.

Esperamos que disfrutedes moito do voso día e SEMPRE. Que nada esmague o voso SORRISOInocente

Gustaríanos ademais que todo o alumnado puidese formar parte de dito festexo... así que propoñemos como idea:

IMPROVISAR UNHA SESIÓN DE CINE NA CASA!

QUÉN SE ANIMA?

Un saúdo,

As vosas profes: Marta e Elena

 

#LEO DENDE A CASA- LETRA T e D

Mércores 25 de marzo de 2020

Ola familias:

Nesta ocasión déixovos a cartilla de lectura das letras T e D. Seguimos o mesmo procedemento que nas ocasións anteriores (no arquivo PDF continúo a escribir todas as explicacións).

Adxunto neste caso unha "misión" referida á conciencia fonolóxica a desempeñar polos nosos heroes e heroínas.

A seguir coidándose moito.

Calquera dúbida a podedes plantexaar no correo: laclasedemarta.nantes@gmail.com

Un saudiño,

A profe MartaGuiño

#todovaisairben

#1día+1día-

AS NOSAS EMOCIÓNS IMPORTAN MOITO.

Mércores 25 de marzo de 2020

Ola a tod@s, neste tempo que estamos vivindo é moi importante prestar atención ás nosas emocións sobre todo cando estamos vivindo unha situación nova e estresante. As mestras de Infantil propoñemos que lle dediquedes un ratiño diario (con tanta actividade que vos propoñen estades moi ocupad@s, xa o sabemos, pero é importante prestar atención as  vosas emocións e  a dos vosos fillos e fillas).

O noso estado de ánimo inflúe na nosa forma de actuar:cando estamos contentos somos máis amábeis e xenerosos e se estamos enfadados actuamos de forma máis egoista e nos portamos peor. Así que vos propoñemos que pola mañá descubrades o voso estado de ánimo:

  1. Pola mañá , séntate coa espalda recta e o corpo relaxado. Fai tres respiracións suaves e lentas e observa como é o teu estado de ánimo.
  2. Elixe unha pintura para debuxar o teu estado de ánimo: podes destinar o azul/verde para un estado e o vermello para o outro. Elixe o que máis te guste.
  3. Coloca o debuxo do teu estado de ánimo nun lugar onde o vexas, se máis tarde te sintes doutra maneira, fai un novo debuxo e retira o anterior.

Se prestamos atención ao estado de ánimo que temos pola mañá , podemos cambiar a nosa forma de actuar ao longo do día.

Xa sabedes que se queredes compartir os vosos debuxos de como vos sentistes esta semana , podedes envialos a infantil.nantes.elena@gmail.com. O domingo faremos un novo vídeo  e compartirémolo para estar un pouquiño máis cerca de todos vós.

 

CONTACONTOS- "EL SOMBRERO DE LAS BUENAS IDEAS"

Martes 24 de marzo de 2020

Ola familias:

Deixámosvos aquí un conto breve, para que o disfrutedes e propoñémosvos a seguinte actividade.

Posto que nestes días seguro que estades a pensar todo o que faredes cando podamos saír da casa, imaxinade que vos poñedes por un momento o sombreiro das boas ideas do conto e debuxade todo o que se vos ocorra (cómo celebraredes a volta á escola, o reencontro cos vos@s amigos e familiares, cos vos@s mestr@s...). ¡SEGURO QUE TIVÉSTEDES IDEAS DO MÁIS OCORRENTE!

sentímolo, flash non está dispoñible.

As profes encantaríannos recibir eses debuxos. Os vosos irmáns maiores, pais, nais ou vós mesmos... poden/ podedes escribir a idea na parte de abaixo do folio.

Despois, podedes sacar unha foto e envialos ao correo da profe Marta  laclasedemarta.nantes@gmail.com, para con eles, poder montar un pequeno video a través do cal disfrutar da vosas ideas e das dos vosos compañeir@s.

#estamosxuntosnisto

#Botámosvos de menos

Guiño

#LEO DENDE A CASA- LETRA N e Ñ

Martes 24 de marzo de 2020

Ola familias:

proseguimos co traballo das letras N/n e Ñ/ñ, polo que vos envío unha presentación referida á cartilla de lectura de ambas.

Ademais, adxunto unhas propostas para traballar a conciencia fonolóxica e a discriminación auditiva a través do BINGO DO N e o BINGO DO Ñ.

Plantexade as vosas dúbidas ao correo: laclasedemarta.nantes@gmail.com

Disfrutade e a seguir coidándose!Sorriso

Un saúdo,

A profe Marta

LEVANDO A PEDAGOXÍA MONTESSORI A CASA...

Luns 23 de marzo de 2020

Deixámosvos unha serie de propostas baseadas na Pedagoxía Montessori. Están ao alcance de todos e nos diversos contextos.

Podédesnos comentar as vosas experiencias a través do correo electrónico e animámosvos a que inxeniedes outras novas.

Un saúdo familias Guiño

#LEO DENDE A CASA- LETRA L E S

Luns 23 de marzo de 2020

Ola familias:

Déixovos a continuación a proposta para seguir avanzando no proceso lecto- escritor. Hoxe nos acompañan as letras L e S.

Adxunto ademais a actividade de conciencia fonolóxica correspondente.

Plantexade as vosas dúbidas ao correo: laclasedemarta.nantes@gmail.com

MOITO ÁNIMO A TOD@S E COIDÁDEVOS MOITO Sorriso

#euleodendeacasa

 

 

COMPARTIMOS DEBUXOS

Ola a todos,  queremos que estes días teñades tempo para facer cousas que poidamos seguir compartindo , polo  que os imos propoñer unha actividade :

Facede un debuxo de cada un/unha tan  contentos como Wally , despois que papi ou mami lle faga unha foto e a envíe ao correo : infantil.nantes.elena@gmail.com. Con todos os debuxos recibidos faremos un vídeo que compartiremos no blog da biblioteca, clica no enlace para entrar

http://caseporsorpresa.blogspot.com/

Distribuir contido


by Dr. Radut