Skip to Content

Educación Infantil

ADORNOS DE NADAL

Decembro 2014

Os nenos e nenas de Educación Infantil elaboramos uns adornos moi orixinais para o Nadal.

Empregamos CD´s estragados que decoramos coas nosas fotos, goma eva con brillantina e moitos gomets de estrelas.

Mirade que bonitos nos quedaron!!!

 

SESIÓN DE CONTACONTOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Mércores 10 de decembro de 2014

Comezan as sesións de Contacontos do Concello!!!

Os primeiros en desfrutar de fantásticas historias e aventuras foron os nenos e nenas de Educación Infantil.

Un ano máis a biblioteca do colexio encheuse de teas, bauis, caixas misteriosas e mooooitos libros que conseguiron captar toda a atención dos máis cativos.

Non perderon ningún detalle!

 

Clicade na fotografía para ver a sesión de contacontos.

 

QUE BROCHETAS TAN RICAS!!!

Aos alumn@s de 6.º curso de Educación Infantil encántanos a froita, así que, decidimos facer un cartel moi chulo en inglés para colocar na entrada do colexio:

 

 

Ademais, preparamos unhas brochetas de fresa e plátano que estaban riquísimas. Ñam, ñam!!!

 

Se queredes coñecer todo o traballo que realizamos, só tedes que clicar na seguinte fotografía:

 

BÓLAS DE NADAL RECICLADAS

Como este curso estamos a traballar a reciclaxe en todo o colexio, en Educación Infantil fixemos unhas bólas de Nadal moi orixinais. Empregamos CD´s antigos, que adornamos con moitos gomets de cores e formas variadas. Despois de colocarlles un lazo, colgamos as nosas bólas na árbore da entrada.

Mirade que ben nos quedaron!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut