Skip to Content

Educación Infantil

PRACERES DE SEMANA SANTA

Venres 3 de abril de 2020

Familias:

Deixámosvos unhas fantásticas ideas publicadas por @ABECEART(en Instagram); creativas á par de sinxelas para pasar dun modo máis dinámico estas vacacións de Semana Santa en familia.

Por outra banda, tendes xa a vosa disposición no blogue da biblioteca http://caseporsorpresa.blogspot.com/  o vídeo creado a partir do conto "El sombrero de las buenas ideas" cos plans que @s vo@s fill@s teñen preparad@s para cando todo isto pase.

Son ideas realmente brillantes!

Moitas grazas por seguir A TOPE!

Un saúdo e ¡FELICES VACACIÓNS!

 

#LEO DENDE A CASA- LETRAS QU/qu, K/k e X/x

Venres 3 de abril de 2020

Ola familias:

Neste venres propóñovos o traballo das letras QU/qu e K/k por un lado, e do X/x por outro. 

Nos PDF adxuntos van como de costume as explicación. Cómpre fixarxe especialmente nas que atenden ao traballo da QU/K, por ser na que os nenos/as poidan presentar maior dificultade. Establezo unha serie de estratexias para facilitarlles o "camiño" e unha canción que poderedes escanear a través do código QR que na presentación aparece.

Traballaremos a conciencia fonolóxica en ambos caso a través de dúas actividades:

*Na primeira delas terán que separar en sílabas as palabras presentadas e facer reconto do nº de sílabas.

*Na segunda, deberán relacionar cada palabra co debuxo correspondente.

Con esto damos por finalizado o traballo de sílabas directas como tal (aínda que estase a repasar de continuo).Gustaríame que me mandarades un correo no que fagades alusión á evolución dos vosos fill@ s, as dificultades que atoparon nestas semanas, se credes necesario reforzar nalgún aspecto…a laclasedemarta.nantes@gmail.com

Á volta das vacacións de Semana Santa, comezaremos co tratamento das sílabas inversas e así seguir avanzando no proceso lecto- escritor.

 

Sorriso¡DISFRUTADE DAS VACACIÓNS E A SEGUIR COIDÁNDOSE!Sorriso

Un saúdo,

A profe Marta

#LEO DENDE A CASA- LETRAS CH/ch e H/h

Xoves 2 de abril de 2020

Ola familias:

Avanzamos na semana e acompáñannos neste caso o CH/ch e o H/h.

Adxunto como de costume o PDF coa "cartilla de lectura" e a actividade de conciencia fonolóxica correspondente.

Anímovos ademais, e posto que hai uns días que entramos na primavera, a realizar algunha das actividades plantexadas pola profe Bárbara no recanto de Pedagoxía Terapéutica; actividades ideales para seguir traballando a atención. 

Comparto dito material como documento adxunto.

Un saudiño e a disfrutar do xoves.

A profe Marta

#LEO DENDE A CASA- LETRAS LL/ll e Y/y

Mércores 1 de abril de 2020

Ola familias:

para hoxe, e baixo o noso lema #leodendeacasa, traballamos nas letras LL/ll e Y/Y. As explicacións, como de costume, aparecen no PDF adxunto.

A actividade de conciencia fonolóxica de hoxe consiste en formar palabras novas a partir dunha xa dada. Soamente hai que cambiar a orde das sílabas. Igual de importante nesta tarefa é a parte de comprensión, @ nen@ debe entender o que le. Así que con calma e sen présa Sorriso

Plantexade as vosas dúbidas no meu correo: laclasedemarta.nantes@gmail.com

Un saudiño,

A profe Marta

#RUTINAS NA DISTANCIA

Martes 31 de marzo de 2020

Ola familias:

Posto que mañá comeza o mes de abril, consideramos que é un bo momento para traballar unha serie de rutinas que facemos como parte da asemblea; aínda que iso sí, adaptadas á situación.

Diferenciamos en 3, 4 e 5 anos; cada un adaptarase ao seu nivel. Nesto non valen as prisas; adaptámonos ao ritmo dos nen@s.

Por unha parte están as rutinas:

- Damos os bos días.

- Explicamos como nos sentimos.

- Data e tempo atmosférico.

...

Despois pasamos ao manexo do calendario e a gráfica do tempo; traballando así conceptos matemáticos e lingüísticos ao mesmo tempo.

Está todo explicado nos PDF que enviamos.

Para calquera dúbida, estamos a vosa disposición Risa

Un saúdo e a seguir coidándose

 

English!!

Martes 31 de marzo de 2020

Hello!!

How are you?

Teño preparadas algunhas cousiñas para seguir practicando e xogando en inglés.

 LET,S GO!

Para comezar un vídeo para saudarnos.

 

And... What's the weather like today?

 

Continuamos cun xogo para repasar o vocabulario sobre o tempo.

Tamén vos deixo en documentos adxuntos un memory sobre o tempo como os que fixemos no cole para que, se queredes, o fagades na casa. 

 

Rematamos cun repaso das cores.

 

GOOD BYE!!!

SorrisoSorrisoSorriso

https://www.youtube.com/watch?v=pUPM3DtK9so 

 

#LEO DENDE A CASA- LETRAS Z/z e C/c

Martes 31 de marzo de 2020

Ola familias:

proseguimos neste martes co traballo das letras Z e C. A dinámica é similiar. As instruccións seguén a aparecer redactadas na presentación que adxunto. 

O exercicio de conciencia fonolóxica de hoxe leva consigo unha parte de lecto- escritura, e unha parte de atención. Unha vez "descifrado" o significado da palabra, deberán unila co debuxo correspondente.

Por outra banda, e para afondar un pouquiño máis nos conceptos lóxico- matemáticos propoño unha tarefa para entender os signos >, < e =.

Así, redactei un conto para facilitar a súa comprensión e adxunto unha tarefa no que aplicar o lido á práctica.

Plantexade as vosas dúbidas a través do correo: laclasedemarta.nantes@gmail.com

Un saudiño a tod@s, forza e ánimo Inocente

A profe Marta

RECORDATORIO CONTO: "El sombrero de las buenas ideas"

Luns 30 de marzo de 2020

Ola familias:

Os debuxos relativos ao conto "El sombrero de las buenas ideas", pódense seguir mandando ao correo laclasedemarta.nantes@gmail.com ata o xoves día 2 de abril, para poder posteriormente montar o vídeo coas magníficas ideas que xurdiron nestes días.

Na entrada previa do día 24 de marzo podedes ver o "contaconto". A continuación adxunto o PDF do mesmo.

Un saudiño Sorriso 

#LEO DENDE A CASA- LETRAS J e G

Luns 30 de marzo de 2020

Ola familias:

Comezamos o luns co traballo das letras J e G. Continuamos co mesmo proceso. Identificación das letras J e G, lectura silábica e posteriormente lectura de palabras con significado, na que repasemos os fonemas/ grafemas traballados con anterioridade.

Adxunto ademáis unha actividade de conciencia fonolóxica breve.

Disfrutade do luns e a seguir coidándose.

Un saudiño,

A profe Marta

P.D. Plantexade as vosas dúbidas no meu correo: laclasedemarta.nantes@gmail.com

 

#LEO DENDE A CASA- LETRA B E V

Venres 27 de marzo de 2020

Ola familias:

Seguimos avanzando e propoño para hoxe, o traballo das letras B/b e V/v.

Adxunto ademais una actividade para traballar a conciencia fonolóxica xunto coa atención e outra a maiores vinculada a lecto- escritura e lóxico- matemática.

Calquera dúbida ou plantexamento non dubides en compartilo a través do meu correo: laclasedemarta.nantes@gmail.com

Un saudiño a tod@s

A profe Marta

Distribuir contido


by Dr. Radut