Skip to Content

Educación Infantil

#LEMOS DENDE A CASA- RECURSOS TIC PARA O REFORZO DA LECTOESCRITURA E LÓXICA-MATEMÁTICA

Mércores 13 de maio de 2020

Ola familias:

Déixovos a continuación unha presentación con recursos TIC cos que reforzar a lecto-escritura e a lóxico- matemática. As actividades que se presentan van variando de nivel, así que é importante respetar os ritmos de cada nen@.

Ao final da presentación, fago unhas recomendacións xerais ás que cómpre atender.

Adxunto ademáis unha actividade na que practicar a estructuración de oracións á par da escritura.

¡DISFRUTADE DESTE MÉRCORES!

APERTAS VIRTUAIS.

SorrisoA PROFE MARTASorriso

RELAXADOS, LISTOS, XA...!

Martes 12 de maio de 2020

Ola familias:

Aconsellamos para este martes un conto que nos vai axudar a  iniciar o día relaxados.

Invítanos ademáis a adquirir unha boa práctica respiratoria.

A medida que se lea é importante pór en práctica os diferentes exercicios (asanas) que nel se establecen (a árbore, o búho, o gato…).

IT’S TIME TO RELAX!

Unha vez relaxados e con plena atención... avanzamos na lóxica- matemática Guiño Aquí as propostas secuenciadas por idade:

3 ANOS: COLLARES DE MACARRÓNS OU BOLIÑAS DE CORES:

 neste caso os alumnos de 3 anos, irán construíndo collares con macarróns, boliñas de cores…asociando nº e cantidade (a tarxeta co nº debe estar diante-do 1 ao 10). Esta actividade permítenos ademais, o traballo da motricidade fina a través do insertado  (polo fío ou lá).

 

4 ANOS: NOVAS ASOCIACIÓNS:

Creamos un collar por exemplo con dous macarróns e o asociamos a un número que non sexa o que lle corresponde (por exemplo el 5). Preguntaremos: qué pasou? O nen@ terá que reflexionar e completar ou quitar as pezas necesarias para chegar a acadar o nº presentado.  

Neste caso, tería que encadir 3 máis (2+3=5).

 

5 ANOS: CONTAMOS CON SÍMBOLOS

Unha vez temos claro que a decena é igual a 10, imos manexar decenas.

1 decena=10

2 decenas=20

3 decenas= 30…

Despois manexamos decenas e unidades:

12= 1 decena e 2 unidades.

24= 2 decenas e 4 unidades.

Agora atribuimos símbolos. Por exemplo:

As decenas ímolas representar con círculos: 0

As unidades ímolas representar con estrelas: *

 

Establecemos cantidades e as representamos:

 

Exemplo: 32--> o representaremos: 000**

 

Temos 3 decenas e 2 unidades

 

 

¡Inventade as vosas cantidades e símbolos novos!

Actividade interactiva: https://es.liveworksheets.com/rb289717ha

 

#LEO DENDE A CASA- SÍLABAS MIXTAS

Martes 12 de maio de 2020

Ola familias:

Unha vez traballadas as sílabas trabadas, procedemos coas sílabas mixtas

Para elo, adxúntovos unha presentación nas que explico cómo traballalas e unhas actividades interactivas que favorezan o seu reforzo.

Hoxe non adxunto material en pauta porque me gustaría que adicárades un tempo a actividade de Mindfulness e ABN que se plantexa noutra entrada, a continuación.

Unha aperta enorme,

SorrisoA profe MartaSorriso

 

#LEO DENDE A CASA- SÍLABAS TRABADAS BR e BL

Luns 11 de maio de 2020

Ola familias:

Retomamos o traballo neste luns coas sílabas trabadas do BL e o BR.

Como de costume, adxunto unha presentación coa cartilla de lectura correspondente e as actividades interactivas vinculadas coas sílabas traballadas.

Propoño ademais unha actividade de escritura en pauta (previa a lectura): "Palabras encadenadas". Dito o xogo o podedes levar a cabo de forma oral, traballando así  a discriminación auditiva á par da conciencia fonolóxica.

¡Disfrutade do día!

APERTAS VIRTUAIS.

SorrisoA PROFE MARTASorriso

 

GRAFOMOTRICIDADE FINA- ESCRITURA EN BANDEXA SENSORIAL

Venres 8 de maio de 2020

Ola familias:

Para seguir traballando a motricidade fina, dada a súa importancia (xa explicada nunha presentación subida á web, semanas anteriores), propoñémosvos a seguinte actividade:

 PREPARACIÓN DUNHA BANDEXA SENSORIAL.

Para elo precisaredes:

*Unha bandexa ou recipiente alongado, rectangular, cadrado ou incluso sirve circular (cun pouco de fondo).

*Sal, azúcre ou pan raiado.

*Folios ou cartulina.

*Rotuladores.

O proceso será o seguinte:

*Esparciredes o sal, o azucre ou o pan raiado, de tal maneira que cubra o fondo da bandexa ou recipiente, pero que non quede moi amontoada.

A actividade, dun modo secuenciado se desenvolverá do seguinte modo:

*3 anos: o adulto escribirá letras maiúsculas illadas (unha en cada cuartilla ou media cuartilla de folio). Os nen@s, téndoas como referente, reproducirán ditas letras na bandexa (co dedo). Fixádevos ven que sigan a direccionalidade correcta (podedes debuxar frechas que orienten aos nen@s). As letras neste caso se corresponderán coas vogais e as letras que compoñen o seu nome e se queredes avanzar un pouquiño máis, o dos seus familiares.

 

*4 anos: serán os nen@s os que escriban as maiúsculas (vogais e consonantes) en trozos de folios (poden ter un referente diante). Seguirán o mesmo proceso na escritura que o referido anteriormente (importante observar dita direccionalidade). Ao igual que no caso anterior, podedes debuxar frechas que guíen dita escritura.

 

*5 anos: poderán escribir eles mesmos as letras en minúscula (pero de gran tamaño), pudendo ter un referente diante. Se presentan dificultade ou dúbidas, axudádelle.

Seguirán o mesmo proceso de escritura que o establecido anteriormente.

Importante facer fincapé na direccionalidade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

¡DISFRUTADE DO PROCESO!

SorrisoAPERTAS VIRTUAISSorriso

 

#LEO DENDE A CASA- SÍLABAS TRABADAS FL e FR

Venres 8 de maio de 2020

Ola familias:

Deixo para este venres unhas propostas para seguir reforzando o traballo das sílabas trabadas; neste caso FL-FR.

Adxunto ademais unha actividade de lecto- escritura e conciencia fonolóxica na que o alumnado terá que completar as palabras a partir dunha sílaba dada.

Para calquera dúbida quedo a vosa disposición.

SorrisoAPERTAS VIRUAISSorriso

A PROFE MARTA.

#LEO DENDE A CASA- SÍLABAS TRABADAS GL e GR

Xoves 7 de maio de 2020

Bo día, familias:

Para este xoves preparei unha serie de propostas para seguir traballando e reforzando o proceso lecto- escritor. Centrámonos neste caso nas sílabas trabadas co GL e o GR. As actividades interactivas permiten traballar ditas sílabas e reforzar as vista ata o momento.

Adxunto ademais unha actividade de lectura e escritura en pauta. Esta vez, pequenas oracións.

SorrisoAPERTAS VIRTUAIS E... IMOS A POLO XOVESSorriso

A PROFE MARTA

#LEO DENDE A CASA- SÍLABAS TRABADAS CL e CR

Mércores 6 de maio de 2020

Ola familias:

Déixovos para este mércores unhas actividades vinculadas coas sílabas trabadas -CR e CL-.

Como veño facendo estes días, adxunto presentación con "cartilla de lectura" e actividades interactivas. 

Inclúo ademais, unha actividade que permite reforzar a lectura e escritura en pauta (con vocabulario da Primavera).

Recordade a importancia do alfabeto móbil. Aproveitade para crear palabras que inclúan as sílabas trabadas traballadas ata o momento (PL-PR, TR-DR, CL-CR).

SorrisoAPERTAS VIRTUAISSorriso

A PROFE MARTA.

#LEO DENDE A CASA- SÍLABAS TRABADAS TR e DR

Martes 5 de maio de 2020

Ola familias:

Proseguimos co traballo das sílabas trabadas co TR e DR.

Adxunto polo tanto a presentación e na mesma, actividades interactivas coas que practicar e reforzar.

Engado un exercicio para practicar a lectura e a escritura en pauta.

¡DISFRUTADE DESTE MARTES!

APERTAS VIRTUAIS.

SorrisoA PROFE MARTASorriso

 

MINDFULNESS E ABN- MATEMÁTICA MANIPULATIVA

Martes 5 de maio de 2020

 

MINDFULNESS- AS POSTURAS DOS ANIMAIS DO MAR

Ola familias:

¿Qué vos parece se comezamos o día estirándonos un pouco?

Para elo, imos seguir as instruccións que neste video se nos dan e así imitar pequen@s e maiores as posturas dos animais do mar. ¡ADIANTE!

IMOS CUN POUQUIÑO DE LÓXICA- MATEMÁTICA:

Para os de 3 anos: MÁIS QUE- MENOS QUE- IGUAL QUE

Colocamos un prato e unha cantidade (ata o 10). Por exemplo, 6 noces. O nen@ terá que seguir as consignas que lle demos: “coloca máis noces que as que eu coloquei”, “coloca menos noces cas que eu coloquei”, “coloca tantas noces como eu coloquei”. Deste modo, ademais de estar a practicar o conteo, esta actividade permítenos seguir reforzando os cuantificadores (máis que, menos que, igual que…).

Debuxaremos os números (1-10), un en cada cuartilla de folio. Faremos grupos (por exemplo 5 noces, 3 bonecas…). Os nen@s terán que contar cantas hai e coller o número que representa esa cantidade (3 bonecas- collen o 3). Así, estaremos traballando asociación nº- cantidade.

 

Actividade interactiva: UNE O VAGÓN CO SEU NÚMERO

 

https://es.liveworksheets.com/kp74078pl

Para os alumnos de 4 anos:

A familia do 10: 

 

Identificamos os números que compoñen cada cantidade: once 10 e 1 (e se representa 11), doce: 10 e 2 (e se representa 12)…e formamos manipulativamente conxuntos (un collar con 10 macarróns). Se temos 10 macarróns cantos lle temos que engadir para que teña 11?, e para que teña 12?...

 

Actividade interactiva: A FAMILIA DO 10

https://www.liveworksheets.com/zb324643bp

 Deberedes arrastrar os número que pertenecen a familia do 10 a súa casiña.

Para os alumn@s de 5 anos: formamos decenas.

1 decena = 10. Se podedes, atades paliños de 10 en 10.

 

Formamos cantidades con palillos: por exemplo 15à 1 decena (10) e 5 soltos (unidades).

Segundo vexamos a evolución, podemos seguir aumentando as decenas, creando cantidades novas…

Actividade interactiva: DECENAS E UNIDADES.

 

Recordade, os palillos que están atados cunha goma representan 1 decena = 10.

https://es.liveworksheets.com/bd271886sv 

 

¡DIVERTÍDEVOS!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut