Skip to Content

Educación Infantil

#SECUENCIACIÓN TRABALLO 4º,5º E 6º E.I.

Semana do 1 ao 5 de xuño

Ola familias:

Agardamos que disfrutarades da fin de semana Guay

Deixámosvos a continuación as tarefas programadas para esta semana no tocante ao método.

Adxuntamos os PDF como ata agora.

¡FELIZ LUNS!

APERTAS VIRTUAIS,

SorrisoAS PROFES: ELENA E MARTASorriso

English!!

Xoves 28 de maio de 2020

Hello!

Pásome a deixarvos un conto en inglés, contado por alguén que xa coñecedes...

A ver se a recoñecedes.

Premede no enlace que vos levará ao blog da biblioteca e desfrutade.

http://caseporsorpresa.blogspot.com/2020/05/contacontos-en-ingles.html 

Bye,bye!

 

#SECUENCIACIÓN DO TRABALLO: MÉTODO-4º,5º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Semana do 25 ao 29 de maio.

Ola familias:

Ao igual que o luns pasado, adxuntamos a continuación a programación das tarefas para esta semana, referidas ao método dos tres cursos de Educación Infantil.

Recordade a importancia de facer as actividades manipulativas previas .

Para calquera dúbida estamos a vosa disposición.

SorrisoAPERTAS VIRTUAISSorriso 

AS  PROFES,

GuiñoELENA E MARTAGuiño

 

#RETOS COA LINGUA DE SIGNOS

 Venres 22 de maio de 2020

 Ola familias:

 Hai uns días propuxemos un primeiro reto para "iniciarnos" na linguaxe de signos. Comezamos por presentarnos, facendo uso da mesma.

 Para elo, podedes acudir ao recanto de "orientación" e seguir o video explicativo.

¡SEGURO O FAREDES XENIAL!

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnantes/taxonomy/term/52

Hoxe plantexamos un segundo reto:

Unha vez disfrutado co contacontos de Elmer que a continuación publicamos, animámosvos a que aprendades as cores en lingua de signos (clickade no link anterior e centrarvos no 2º vídeo).

Despois, poderedes mandarnos un vídeo ao correo laclasedemarta.nantes@gmail.com, presentándovos e indicándonos cal é a vosa cor preferida en dita lingua; signando.

Poderemos publicar os videos no recanto de Educación Infantil para que mestres/as e compañeiros/as queden abraiad@s do ben que o facedes.

SorrisoAPERTAS XIGANTES, VALENTESSorriso

 

English!!

Xoves 21 de maio de 2020

Hello!!

How are you?

Teño preparadas algunhas cousiñas para seguir practicando e xogando en inglés.

 LET,S GO!

 Para comezar un vídeo para saudarnos.

 

And... What's the weather like today?

 

Continuamos cun repaso das cores e as froitas.

 

Rematamos cun divertido conto:

PETE THE CAT  (pincha no título) 

 

 

GOOD BYE!!!

SorrisoSorrisoSorriso

https://www.youtube.com/watch?v=pUPM3DtK9so 

 

RELAX AND ENJOY

Martes 19 de maio de 2020

MINDFULNESS

Deixámosvos uns exercicios de relaxación para comezar o día tranquil@s,

en calma…son exercicios moi breves pero efectivos.

¡Animámosvos a practicalos!

LINGUA DE SIGNOS

Propoñemos unha tarefiña moi interesante publicada por Belén, a nosa

orientadora, no recanto de “orientación”.

Primeiro reto: presentarnos empregando a lingua de signos.

Seguide a entrada e clickade no vídeo na que unha profesional

explícanos como facelo.

Con práctica o faredes xenial!

SorrisoADIANTE!Sorriso

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnantes/taxonomy/term/52

 

#PROGRAMACIÓN DA TAREFA SEMANAL- LIBRO 4º,5º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Semana do 18 ao 22 de maio

 

Ola familias:

Esperamos que disfrutarades da fin de semana.

Agora que xa temos o material na casa, adxuntamos a programación das tarefas para as tres idades, nos PDF que como documentos adxuntos aparecen.

Como veredes, o traballo está secuenciado por días e para toda a semana.

Temos que explicarvos unhas cousiñas do libro antes de comezar:

  • Hai fichas (no libro,) láminas de plástica, pegatinas (teñen o nº da ficha e unidade ) e troqueles que se usan nas fichas.
  • É importante que fagades o traballo previo cando se indique.
  • Cando escriben hai que fixarse que collen ben o lápiz e que escriben de esquerda a dereita e de arriba a abaixo.
  • Detrás das fichas hai que escribir o nome. Os de 6º de EI poden escribir tamén a data.
  • Procurar que fagan as cousas ben (cada un dentro das súas posibilidades), sen prisas por acabar rápido, valorar o traballo ben feito e respectar o ritmo de cada neno/a.

Cómpre "respectar" o calendario para levalo con calma. Sorriso

Para os alumn@s de 6º de Educación Infantil a maiores e para hoxe, con motivo de seguir coa rutina lecto- escritora, propóñovos a cartilla de lectura relativa á letra "T" e letra "N" do documento adxunto xa a semana pasada.

Calquera dúbida, estamos a vosa disposición.

SorrisoAPERTAS XIGANTES.Sorriso

SorrisoELENA E MARTASorriso

#MOTRICIDADE FINA PARA TODAS AS IDADES...

  Venres 15 de maio de 2020

Ola familias:

Establecemos a continuación unha actividade para seguir a traballar a motricidade fina co alumnado de 3 a 6 anos. 

Esperamos que disfrutedes desta proposta e deste venres!

GuiñoAPERTAS VIRTUAISGuiño

 

#LEO DENDE A CASA- 6º EDUCACIÓN INFANTIL

 Venres 15 de maio de 2020

Ola familias:

Déixovos a continuación as tarefas propostas para hoxe!

 

FELIZ VENRES!

GuiñoAPERTAS VIRTUAISGuiño

InocenteA PROFE MARTAInocente

 

# TAREFIÑAS PARA ESTA XORNADA...

Xoves 14 de maio de 2020

Ola familias:

As tarefas propostas para este xoves son as seguintes:

4º-5º-6º de EDUCACIÓN INFANTIL:

1. ESCAPE ROOM que podedes atopar na páxina de inicio da web do cole ou clickando neste enlace e así saber un pouco máis do autor homenaxeado das Letras Galegas 2020, RICARDO CARVALHO CALERO:

https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20

2. ADIVIÑAS: consultade o blogue da biblio https://caseporsorpresa.blogspot.com/ e intentade resolver a adiviña plantexada para E.I. e se queredes as de E.P. (podedes escribir o voso nome e as respostas como comentario no propio blogue).

SOAMENTE PARA O ALUMANDO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL:

3. ACTIVIDADE ESCRITURA: lemos e copiamos as palabras presentadas (DOCUMENTO ADXUNTO).

4. CARTILLA DE LECTURA: Adxunto o documento completo, pero hoxe imos ler as páxinas correspondentes ao L e o M (2 primeiras páxinas).

Seguimos respectando o ritmo d@ nen@.

Por elo se plantexa a lectura de sílabas, palabras e oracións.

¡ DISFRUTADE DO DÍA!

¡APERTAS VIRTUAIS!

SorrisoGuiñoSorriso

 

Distribuir contido


by Dr. Radut