Skip to Content

Carreira ENKI 2021

Prezadas familias, 

Este ano regresa a carreira solidaria da ENKI ao noso colexio (https://www.enkiproyecto.com/). Trátase dunha actividade lúdica e deportiva cuxo obxectivo é visibilizar a diversidade funcional dunha forma divertida e normalizadora.

Nesta edición voltaremos a recrear e inventar algunhas probas no propio colexio (Co cumprimento do protocolo COVID, facendo as carreira por clases) e invitámosvos a colaborar coa adquisición dun dorsal solidario. Ten un custo de 1€ que se destinará ás entidades sociais participantes, ademais de proporcionarnos unha bolsa de agasallo por corredor/a. 

O pago do dorsal pódese facer directamente a través da aplicación BIZUM, abonando ata o 7 de outubro o importe a ENKI introducindo o código 00971 co CONCEPTO: Nome e apelidos do alumno + clase + CEIP Plurilingüe O Mosteirón, ou facendo a entrega do euro no colexio do 4 ao 7 de outubro, que poderán enviar a través dos alumnos/as para que llo entreguen aos titores/as. So pedimos que nos confirmedes por e mail cantos dorsais queredes tanto se os pagades por bizum ou no colexio para levar ben o reconto (indicádenos xeito de pago)

O alumnado que non adquira dorsal poderá igualmente participar na actividade, pero sempre que nos  entregue a autorización do uso da imaxe por parte da entidade organizadora ENKI. (Enviáremola nos próximos días)

Queremos aproveitar este evento deportivo para favorecer a reflexión da comunidade educativa sobre valores como a equidade, a igualdade de oportunidades, a inclusión... e ter máis ferramentas que nos permitan empatizar co día a día das persoas con diversidade funcional. O lema que identifica esta iniciativa é #YOjuegoconENKI.

Lembrámosvos que este ano tamén se realiza a carreira na cidade, pero o dorsal para o cole non da dereito a participar nesa carreira.  De todos os xeitos vari@s mestr@s do cole si imos ir (adquirindo un novo dorsal que sairá á venta o venres 23 ás 14:00) e podemos reunirnos alí os que queirades (avisádenos por e mail se ides asistir)

Desexamos que poidades colaborar e gozar desta iniciativa!



page | by Dr. Radut