Skip to Content

Enquisa igualdade

Gustaríanos que participásedes nesta enquisa totalmente anónima e voluntaria sobre a "Repartición de tarefas domésticas e da toma de decisións de actividades de lecer no núcleo familiar."

Enlace á enquisa:
https://forms.gle/KpcJnn3vh1WrjajJ7

O obxectivo final é crear unha base de datos e reflectir os resultados da enquisa mediante gráficas que se expoñerán por todo o colexio para que os/as alumnos/as poidan ver a situación na contorna próxima e comparala cos datos que imos obtendo doutros traballos sobre este tema e así poder sacar conclusións. Estamos ben? Que temos que mellorar? Etc.
Para que este estudo sexa máis relevante gustaríanos facelo anualmente e así poder ver a evolución dos resultados.
Con todo isto podemos incidir desde o colexio nos aspectos que debemos mellorar e valorar positivamente todos aqueles aspectos que van cara unha igualdade na repartición das tarefas domésticas e toma de decisións de actividades de lecer.
Data límite: 7/03/2021



page | by Dr. Radut