Educación infantil, Aula das nubes, Aula dos Peixiños, O planeta dos elefantes, Psicomotricidade infantil, Atención educativa (valores)
No patio pasámolo pipa!
Enviado por goretti o Mar, 11/24/2020 - 20:56Como estamos en outono as follas caen das árbores e temos o patio cheo delas. Nós aproveitamos para xogar con elas, clasificámolas segundo a súa cor, a súa forma, tirámolas ao aire,... e ata facemos formas xeométricas con elas.
Pero un día cando saímos ao patio vimos a nosa zona toda limpiña de follas. Estaban soprándolles cun aparatiño e levándoas cara unha esquina. Alí recollíanas e metíanas nun saco enorme! Estivemos un cachiño observando como facían.
Como quedou todo tan limpiño aproveitamos para pintar con tizas de cores no chan, e ese día si que o pasamos en grande!
E se queredes mover o esqueleto coas mesmas cancións que o facemos na clase, aquí vos deixamos unha delas.
Na clase de 3 anos...
Enviado por goretti o Mar, 11/24/2020 - 20:13Esta semana estamos a traballar os pallasos e na clase de 3 anos estivemos probando diferentes complementos que empregan para o seu espectáculo: perrucas, narices que nos trouxo unha compañeira como agasallo,... e pasámolo xenial!
Despois do recreo tivemos a visita inesperada dun gran MALABARISTA e MAGO, o mestre José Antonio. Como un paxariño nos dixo que sabe facer malabares, démoslle tres pelotas para que nos ensinara o ben que o fai. Logo tamén nos fixo uns trucos de maxia. Quedamos abraiados e xa estamos desexando que volva visitarnos pola nosa clase!
1,2,3,... Acción!
Enviado por goretti o Dom, 11/15/2020 - 20:41
Ola familias!
Benvidas ao blogue de 4º de educación infantil, o cal poño en funcionamento co fin de achegar un chisco a vida dos nenos e nenas na escola aos fogares.
Espero que o gocedes tanto como o facemos nós na aula!
Goretti
Blogue de 6º de infantil
Enviado por Anónimo o Dom, 11/15/2020 - 20:16Blogue de 5º de infantil
Enviado por Anónimo o Dom, 11/15/2020 - 20:14Blogue de 5º de infantil (Aula das nubes)
Enviado por Anónimo o Dom, 11/15/2020 - 20:09Que comece a función!
Enviado por goretti o Sáb, 10/17/2020 - 16:28
Ola familia!
Os nenos e nenas de infantil vamos comezar co proxecto O CIRCO, por iso precisamos que nos axudedes a buscar información sobre os seguintes apartados:
- Onde e como se instala?
- Onde viven os artistas?
- Onde actúan?
- Que fan antes de actuar?
- Que hai na entrada do circo?
- Que artistas actúan?
- Que fan ao acabar a función?
Agradeceriámosvos que a información que nos acheguedes sexa concreta e fácil de entender para todos.
Podedes facilitarnos todo tipo de material: vídeos, fotografías, contos, xoguetes, libros,...
Tamén vos pedimos a vosa colaboración participando da ilusión que vos transmita o voso fillo ou a vosa filla cando vos explique o que traballou na aula.
Un saúdo,
O equipo de educación infantil
Vídeo fin de curso
Ola ola!
Como non puidemos rematar o curso todos xuntos e xuntas nas aulas, fixemos este vídeo para recordar os momentos vividos no cole e na casa. Esperamos que o disfrutedes e que vos guste moito!
Aproveitamos para despedirnos ata o vindeiro curso, non sen antes darvos as grazas polo voso traballo, implicación e esforzo, do que somos conscientes.
Feliz verán, vémonos axiña!
Un bico enorme do equipo de Educación Infantil.
Tarefas semana 15 de xuño
Ola ola!
Como foi a semana? Xa imos rematar o proxecto, esperamos que vos gustase e aprendérades moito.
Aquí vos engadimos a proposta para esta semana. Pincha aquí.
Un biquiño
Tarefas semana 8 de xuño
Ola ola!
Como vai todo? Xa non queda nada para rematar o proxecto, así que... veña un último empuxón!
Aquí vos engadimos a proposta para esta semana. Pincha aquí.
Un biquiño
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »