Educación infantil, Aula das nubes, Aula dos Peixiños, O planeta dos elefantes, Psicomotricidade infantil, Atención educativa (valores)

Actividades Psicomotricidade 4º infantil

Hola nenos/as!

Que tal estades? Espero que estedes todos/as moi ben.

Como sei que vos gusta moito bailar, mándovos cancións para que bailedes e vos relaxedes un pouquiño ao longo da semana, vale?

Vémonos moi pronto.

 

Un bico enorme da vosa profe Noelia.Beso

 

 

 

Sun= Sol

Stars= Estrelas

Moon= Lúa.

 

 

 

 

 

 

 

 

A CANCION DO INVERNO

AQUI VOS DEIXO A CANCION DO INVERNO QUE ESCOITAMOS EN CLASE.

MEZCLA DE CORES.

NA CLASE, VIMOS O CONTO PQUENO AMARELO E PEQUENO AZUL, E FIXEMOS A MEZCLA DA COR AZUL+AMARELO, GUSTOULLES MOITO.

NA CASA PODEDES PROBAR CON OUTRAS CORES, ESPERO AS VOSAS FOTOS...

EN CLASE TAMEN TRABALLAMOS

HOXE ESTIVEMOS DECORANDO AS LETRAS DO INVERNO, AINDA QUE SOMOS POUCOS, PASAMOLO BEN.

UN POUCO MAIS DE TRABALLO.

MAIS ACTIVIDADES...

VAMOS A FACER BONECOS DE NEVE...

MANDOVOS UN VIDEO DE EXEMPLO PERO PODEDES FACELO COMO QUEIRADES, E UTILIZANDO OS MATERIAS QUE ATOPEDES POLA CASA.

NON VOS ESQUEZADES DE MANDARME UNHA FOTO DO RESULTADO FINAL.

GRACIASS

FICHAS DO INVERNO

CHEGA O INVERNO

HOLA FAMILIAS, ESTE E O RETO PARA ESTA SEMANA, COMO FACER NEVE NA CASA?, EU MANDOVOS O EXEMPLO DUN VIDEO, PODEDES FACELO COMO QUEIRADES, ESPERO AS FOTOS DO RESULTADO. 

Cousas que nos quedaban por ensinar!

Co axetreo dos últimos días antes das vacacións de Nadal non vos ensinamos o que estivemos argallando pola clase. Aquí vos deixamos unhas fotos de algunha das cousas que fixemos.

 

Primeiro estivemos pintando un reno e unha árbore de nadal para empregar nunha sesión de psicomotricidade coa profe Noelia. 

              

    

     

    

  

 

Unha vez rematados deixámolos secar e ao día seguinte adornámolos, e como? Pois a profe Noelia montounos un circuíto en psicomotricidade e ao rematar de facelo tiñamos que coller luces para poñerlle nos cornos ao reno. Para adornar a árbore tiñamos que coller a bola que tivese o noso nome. E mirade que chulos nos quedaron!

      

  

 

Tamén estivemos facendo unhas postais para felicitar estas datas e un adorno para colgar na árbore das nosas casas.

        

      

 

Para facer as postais, primeiro coloreamos a árbore e logo adornámola empregando témperas e corchos. Para escribir a mensaxe empregamos selos de letras e tamén selos con debuxos de nadal.

 

 

     

 

      

 

Traballando coa plastilina fixemos figuriñas de nadal, mirade que ben o fixemos e canto nos gustou!

      

 

Outra cousiña que nos gustou moito facer foi IOGA DE NADAL. Fomos árbores, renos, bonecos de neve,... Estamos comezando, pero xa lle damos moito xeito!

    

    

    

 

Tivemos a visita de Papá Noel!!! A algún deunos algo de medo cando entrou pola porta e outros según o vimos fomos correndo a xunto del entregarlle a carta.

   

Outra visita que tivemos e que nos encantou foi a do Mago Lolo! Estivemos moi atentos aos diferentes trucos de maxia que fixo. Nalgún momento precisou da nosa axuda para poder facer os trucos e algunha marchou para a casa con sombreiro e bolso novos!

   

      

 E para rematar fomos sacar unha foto todos xuntos cunhas orelliñas de reno ao porche, que estaba todo decorado! 

Espero que pasárades unhas felices festas e que o 2021 traia saúde e normalidade para todos!

 

Estade atentos ao blogue que temos moito que aprender este trimestre. Comezamos!

 

 

 

Abracadabra....

Esta semana foi curta pero intensa... Estivemos facendo maxia!!

Coñecemos a outro dos artistas do circo O MAGO e nós quixemos facer maxia tamén. Para iso collemos un vaso de cartón e pintámolo de negro, colorearmos a cabeza dun coelliño e con algunha cousiña mais fixemos unha chistera. Mirade mirade!

                

                

                   

                                

 

Fomos pasiño a pasiño ata conseguir a nosa chistera coa que facemos que o coello apareza e desapareza, sempre empregando as palabras máxicas ABRACADABRA....

     

 

E...esqueceusenos ensinárvos o que fixeron as mestras na sala de infantil. Fixeron un pallaso e unha carpa e a nós gustounos tanto que collemos as caretas de pallaso e fomos facernos unhas fotos con el. Adiviñades quen é quen?

                                            

 

Veña vale, vamos axudar aos que non adiviñaron.

                                           

 

Tamén estivemos facendo unha cousa ben chula que teredes pronto na casa para poder ver! Pintamos con rotuladores, corchos e témperas. Deixámosvos unha pequena pista.

 

      

                                 

 

Cando xogamos ca plasti tamén nos acordamos dalgúns artistas do circo. Erea ten moitísima forza!                                           

 

                                   

 

Xa sabemos que no circo non hai animais, pero na nosa clase si. Leira e Sofía póñenos en fila, a saber a onde van!

                                  

 

E xa estamos rematando o proxecto do circo, pero quedanos aínda un pouquiño no tinteiro.

Ata a próxima!

 

Distribuir contido