Educación infantil, Aula das nubes, Aula dos Peixiños, O planeta dos elefantes, Psicomotricidade infantil
NOVAS DAS AULAS DE 3 ANOS
Enviado por isa o Mér, 11/03/2021 - 10:02
OLA FAMILIAS!!
TEMOS QUE CONTARVOS MOITAS COUSAS..
COMO XA SABEDES O LUNS 18 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O DÍA DA ALIMENTACIÓN SAUDABLE, E AS AULAS DE INFANTIL FIXEMOS UNHAS BROCHETAS DE FROITA QUE ESTABAN RIQUÍSIMAS.
ESA MESMA SEMANA CELEBRAMOS O DÍA DAS ESCRITORAS, COÑECENDO A POETA OLGA NOVO, E OS DE INFANTIL FIXEMOS UNHA AUTENTICA OBRA DE ARTE ADICADA A ESTA POETA.
O VENRES DÁI 29, CELEBRAMOS A FESTA DE SAMAÍN, E VIÑEMOS DISFRAZADOS A ESCOLA, DANDO AUTÉNTICO MEDO. ADEMAIS XOGAMOS COAS LUCES E PASÁMOLO XENIAL!
PRONTO TEREDES NOVAS NOSAS, ATA AQUELA DESPEDÍMONOS.
OS ELEFANTES E OS PLANETAS
SAMAÍN
Enviado por Teresa o Lun, 11/01/2021 - 00:24Onte celebramos o SAMAÍN e o MAGOSTO.
Viñemos todos disfrazados e a algún case nin o coñecíamos!!
Na hora da merenda comemos castañas e incluso as bullamos soíños!
Tamen pintamos unhas cabaciñas.
E no comedor .... un menú terrorífico, estaba riquísimo !
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Enviado por Teresa o Lun, 11/01/2021 - 00:03
O luns 18 de octubre celebramos o DÍA DA ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Fixemos brochetas de froitas: plátano, mandarina, sandía, uvas, arándanos e froitos do bosque.
Riquíiiiisimas !!!
OUTONO
Enviado por Teresa o Dom, 10/31/2021 - 23:5121 de setembro , chegou o OUTONO e saímos a recoller follas.
Pintamoas de diferentes cores para despois crear a nosa árbore
Aqui tedes o resultado final ...
DE VOLTA AO COLE
Enviado por Teresa o Dom, 10/31/2021 - 22:56
O 9 de setembro comezamos un novo curso: 6º de educación infantil. Xa somos os maiores, ... temos nova clase, un novo compañerio ... ANTOINE ... e moitas novidades.
Ao comezar gustounos moito a idea de ter un nome para a nosa clase. Cada un fixo a súa proposta, votamos a que nos gustaba mais e o nome é.... ARCO DA VELLA
Fixemos novos manteis para a merenda, aunque os Venres merendamos no ximnaso despois da hora de psicomotricidade co Teacher David.
No recreo tivemos unha gran noticia: PODEMOS XOGAR NO AREEIRO !!!
E na hora de leer descubrimos a BIBLIOTECA, está ao caro da nosa clase, entramos por un pasadizo secreto ... e disfrutamos moi caladiños da lectura.
Día da Alimentación, Magosto e Samaín
Enviado por goretti o Sáb, 10/30/2021 - 19:08Aquí andamos de novo!
Hoxe vamos ensinárvos como conmemoramos o DÍA DA ALIMENTACIÓN.
Primeiro contamos o conto do vampiro Edelmiro, o cal come moitísima carne e sempre se atopa mal, todo isto cambia cando comeza a comer alimentos mais saudables. Logo fixemos unhas brochetas de froita que estaban deliciosas!!
Onte tamén celebramos o SAMAÍN e o MAGOSTO. Viñemos todos disfrazados e a algún case nin o coñecíamos!!
A primeira hora puxemos a clase a escuras e proxectamos unhas luces de cores e diferentes formas no teito, ademais puxemos música terrorífica e pasámolo de medo!
Logo á hora da merenda comemos castañas e incluso as bullamos soíños! Estaban deliciosas....
Seguimos cunha festa bailando na clase cancións de medo, do magosto, de Samaín, de outono,... pasámolo pipa! A todo isto deixámosvos unha canción que nos encanta e escoitamos tódolos días na asemblea.
No comedor tivemos un menú terrorífico que estaba riquísimo! Mirade mirade...
Polo momento estas son as novas, ata pronto!
A CLASE DAS NUBES
Arrancamos de novo!
Enviado por goretti o Sáb, 10/23/2021 - 11:44Ola de novo!
Temos moitas novas que contar e ensinar!
Ao comezar o curso gustounos moito a idea de ter un nome para a nosa clase. Cada un fixo a súa proposta, votamos a que nos gustaba mais e o nome da nosa clase é.... A AULA DAS NUBES!!
Unha vez elexido o nome puxémonos mans á obra para decorar a clase con nubes e niso andamos...
Tamén fomos botarlle unha ollada á horta, para observar o que plantamos na primavera e os seus froitos. Na folla dun tomate descubrimos un pequeno caracol que estaba escondido dentro da súa casiña, cantámoslle unha canción para que sacase os cornos ao sol e...SORPRESA!
Este curso tivemos unha gran noticia, XA PODEMOS XOGAR NO AREEIRO!! Estamos contentísimos!
Tamén fixemos na aula unha manualidade ben chula para logo levar ao patio. Con papel de celofán de cores observamos como si lle da o sol aos papeliños estes reflexan as súas cores no chan e tamén miramos a través deles.
O pasado 18 de outubro celebrouse o Día das Escritoras e nós falamos na aula dunha escritora case veciña nosa, Olga Novo. Logo fixemos entre todos os compis de infantil este bonito collage, empregando papeles de cores de diferentes texturas.
E aproveitamos para ensinárvos que nos gusta moito mirar contos na clase.
Ata pronto!
As nubes
AS AULAS DE 3 ANOS TEMOS ALGO QUE CONTARVOS...
Enviado por isa o Ven, 10/22/2021 - 20:35OLA FAMILIAS!!
DESPOIS DE LEVAR POUCO MAIS DUN MES XUNTOS, AS AULAS DE 3 ANOS TEMOS QUE CONTARVOS UNHA GRAN NOTICIA...
POR FIN ELEXIMOS UN NOME PARA CHAMAR A CADA UNHA DAS NOSAS AULAS..
A AULA DE 3 ANOS A (PROFE VICKY), CHAMARASE A PARTIR DE AGORA: A AULA DOS ELEFANTES
E A AULA DE 3 ANOS B ( PROFE ISA), CHAMARASE: A AULA DOS PLANETAS..
DE AHÍ QUE NOSO BLOGUE DA ESCOLA CHÁMESE O PLANETA DOS ELEFANTES.
PERO TAMÉN ESTIVEMOS TRABALLANDO, E REALIZAMOS DIVERSAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO OUTONO.
PODEDES VER UN PEQUENO RESUMO DAS MESMAS NAS SEGUINTES FOTOS.
A VERDADE, E QUE O PASAMOS MOI BEN REALIZÁNDOAS.
PRONTO TEREDES NOVAS NOSAS, PERO ATA AQUELA, QUE DISFRUTES DO FIN DE SEMANA.
SAÚDOS.
OS ELEFANTES E OS PLANETAS.
FESTA FIN DE CURSO
Enviado por Teresa o Dom, 07/04/2021 - 20:12
Despedimos o curso cunha festa de inchables e coches eléctricos.
Pasámolo xenial !!!
Grazas ao ANPA.
Ata o próximo curso.
Vemonos en 6º de educación infantil.
PASEO POLO MALECÓN
Enviado por Teresa o Dom, 07/04/2021 - 19:39O día 18 de xuño, fixemos unha pequena camiñata pola beira do río Cabe,
descubrimos moitas cousas o longo do paseo:
Caravanas, o castelo de San Vicente, as tres pontes que cruzan o rio, o asilo ...
Non pudemos facer " o noso picnic ", porque a herba estaba mollada.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »