Educación infantil, Aula das nubes, Aula dos Peixiños, O planeta dos elefantes, Psicomotricidade infantil

MERENDA DE FROITAS

 

Preparamos unha rica merenda, moi ... saudable.

Precisamos: PLÁTANO, kIWI E MANDARINA.

Pelar, cortar e colocar no prato.

A comer !!!

RIQUÍIIIIIIISIMO.

SOMOS ... PEQUECHEFS

Xa somos grandes cociñeiros, mirade todo o que fixemos.

Galletas de chocolate, avena e plátano.

 

 

Ulimos, tocamos e descubrimos distintas especies :

PEMENTÓN,  PEMENTA,  PEREXIL,  CANELA.

AS NOSAS FLORES

 

Mirade como medraron...

Agora podémolas ver no patio.

SIMULACRO

         Sonou o timbre, e saimos moi despaciño o patio ...

     

     Chegaron os bombeiros e botaron escume, xogamos  con ela.

     

     Tamén ensinaronos o seu camión.

   

Os últimos coletazos!

Ola!

Nos últimos días temos moitísimas novidades!! 

Xa temos bolboretas na clase, saíron da crisálide e comezaron a poñer os seus ovos. Quedamos abraiados!!

 

 

Seguimos traballando no proxecto de PEQUECHEF.  

Como somos uns artistas decoramos unhas piñas, sandías e mazás empregando diferentes técnicas e materiais (plástico de burbullas, bastonciños, esponxas, o noso dedo,...). Fixemos unha creación ben bonita que poderedes ver mañá na casa.

 

 

 

Hoxe estivemos traballando con diferentes especias (pementa branca, pementón doce, canela, perexil,...) e algún atreveuse a probalas todas! Logo estivemos poñendo un pouco de cada unha delas para poder levalas para casa.

 

 

Estes días tamén tivemos tempo a dar un pequeno paseo por Monforte, e fomos pegadiños ao río observando todo o que había polo camiño. Atopamos unhas autocaravanas, gatos, patos, unha toupeira, o Castelo de San Vicente,... Gustounos moito, pero non puidemos merendar á beira do río, porque estaba o céspede todo mollado.

 

 

E hoxe tivemos unha gran sorpresa!!

 

 

Foi xenial e pasámolo en grande!!

¡Niinoo, niinoo!

O mércores tivemos un simulacro de incendio no cole. Nós estábamos merendando cando houbo que saír para o patio. Unha vez alí comezaron a chegar os camións dos bombeiros, pero a profe xa nos explicara o que pasaba entón non tiñamos medo... bueno algún que outro si!

Fomos ata xunto os camións e vimos aos bombeiros subidos no alto da escaleira, estaban botando auga coa mangueira no tellado do cole. Despois ensináronnos que tamén empregan escuma nos incendios e ata puidemos xogar un pouquiño con ela. Gustounos moito!

 

Esta semana tamén foi de experimentos, collemos unhas mandarinas e un recipiente con auga para comprobar cal flotaba, se a que tiña pel ou a que pelamos. O experimento non nos resultou, entón miramos un video en internet para comprobar cal era o resultado. Logo si que comprobamos que a pel soa si que flota e as mandarinas non, ese foi o noso verdadeiro experimento!

 

 

Tamén tivemos un regaliño sorpresa!!! Un gorro e un delantal de chef, os cales estamos decorando libremente para empregar para algo especial os vindeiros días... Xa vos contaremos!

 

 

Para rematar aquí vos deixamos o conto de "Titiritesa", o cal nos veu contar esta semana a mamá de Leira. Esperamos que vos guste!!

Pinchade na foto para escoitalo.

 

 

Ata pronto!

A voltas co proxecto!

Seguimos traballando o noso proxecto de PEQUECHEF e estes días estivemos pesando comidas. Puidemos examinar diferentes alimentos, comparar o peso de algúns e comprobar cal era o que máis pesaba e o que menos.

 

Tamén xogamos no patio cun SCORNABOT, con el tiñamos que chegar ao alimento que a profe nos mandaba. Así aprendemos a contar, a relacionar número e cantidade, a direccionalidade, nome do alimento... e tamén a observar e esperar a nosa quenda.

 

Seguimos presentando os diferentes materiais que levamos da casa. Estes días tocoulles a:

- Gabriel que nos ensinou a facer unha rica e saudable ensalada.

-Alonso que nos deu uns cantos consellos sobre a vida saudable e os alimentos.

- Carmen que nos ensinou imaxes de diferentes alimentos saudables e tamén utensilios de cociña e contounos para qué serven.

 

 

Abur!

FAMILIAS NA RADIO

 

LOIS E A SÚA MAMÁ NIEVES

 

ESTELA E A SÚA FAMILIA

 

 

Un día diferente

Hoxe foi un día especial, subimos a coñecer o estudio de radio do cole, Radioforte.

Encantounos estar e facer algunha práctica.  Seguro que volveremos máis veces.

 

 

 

 

 

Tamén fomos ver como estaban os vermes de seda.

En días anteriores, observámolos varias veces e rexistramos a súa evolución en fotografías. Aquí tedes un resume.

Impresionante verdade!!!

mmmmm...que saboroso!

Como estamos a traballar os alimentos, receitas,.... esta semana decidimos facer un delicioso zume de laranxa para poder acompañar a nosa merenda. Pasámolo pipa e estaba riquísimo!

 

Tamén aproveitamos para facer un mural de primavera, puxémoslles o noso nome a unha flores para poñer na árbore e unhas cenorias que son moi ricas e saudables.

Pronto teredes novas!

Distribuir contido