Blog 3º A

Noraboa Almudena¡¡

Que gusto da ler que os alumnos nos botan de menos. Eu, no caso de Almudena estaría moi cotenta e satisfeita de ver que ... a pesares de todo, gústalles estar con nós.

Un novo hurra por Lucas que é o único alumno, de momento, que segue enviando opinións ao blog da súa aula.

ENTREGA DE PREMIOS

O pasado martes,día 10, Víctor,acompañado da súa familia, de María e de todos os alumnos e alumnas que gañaron algún premio no concurso de poesías de Nadal foi á biblioteca municipal a recoller os seus agasallos: un diploma e un paquetiño que non sabemos o que contiña... porque el quixo esperar a abrilo cando estivera na súa casa. 

Bravo¡¡

Bravo¡¡

Por fin, temos un alumno que participa no blog da súa aula e que envía os seus poemas e "problemas" para compartilos con todos vós.

Un BRAVO moi forte por él. espero que as súas compañeiras e compañeiros da clase e do resto do cole se animen e fagan o mesmo.

 

NADAL

En 3º A tamén hai poetas. Víctor participou con esta poesía no Concurso de poesías de Nadal convocado pola bilblioteca municipal e gañou o 1º premio na súa categoría. 

Lela e animádevos a mandar máis colaboracións.

 

Neste día de Nadal
á neve bótalle sal.
Come turrón
para que papá Noel
non traia carbón.
Ten moitos regalos
pero ¡que non sexan xeados!
Deixa un calcetín
e terás un trampolín
Papá Noel
trae mel
O abeto ten un bosquexo

Victor Díaz Díaz 3º A

Distribuir contido