Voz Natura

Mini Atlas Xeobotánico de Galicia

Extraordinaria ferramenta online para coñecer a natureza de Galicia. Aquí atoparás información sobre o relevo, os vexetais (árbores, matos, plantas, fentos e brións), hábitats ... Preme na imaxe

Por si fora do voso interese aquí tedes a ligazón a tres interesantes recursos:

  1. Recurso en español e inglés da Universidade de Illinois
  2. Xogos sobre biodiversidade.
  3. Plantilla web con interesantes ligazóns, clasificadas por ciclos, sobre plantas.

22 de Abril, Día da Terra

A proclamación do 22 de abril como Día Internacional da Nai Terra supón o recoñecemento de que a Terra e os seus ecosistemas nos proporcionan a vida e o sustento ao longo da nosa existencia. Tamén supon recoñecer a responsabilidade que nos corresponde, como se recolle na Declaración de Río de 1992, de promover a armonía coa natureza e a Terra a fin de acadar un xusto equilibrio entre as necesidades económicas, sociais e ambientais das xeracións presentes e futuras.

PROXECTO DA AUGA

     O longo deste trimestre imos desenrolar o proxecto da auga. Farémolo dunha maneira moi lúdica, empregando materiais plásticos e facendo pequenos experimentos na aula para entender o que é unha nube, a escarcha,... Comenzamos pintando cadros onde a temática era A AUGA. Con eles fixemos unha pequena exposición que esperemos  vos guste (están colgados no taboleiro da entrada). O remate todo o material feito na clase entregarémolo para adxuntar o PROXECTO DE VOZ NATURA.

 

DIA DA PAZ 2012

Un Bosque de Paz

 

Unha Árbore de Paz

DÍA DA ÁRBORE

DÍA DA ÁRBORE

Hoxe,22 de marzo de 2010,  celebramos o día da árbore. Dentro do Proxecto Voz Natura e coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente, todos os cursos do centro fixeron a súa pequena aportación ao coidado e conservación do Natureza. Escalonias, loureiros reais, pitus porum, ... son algúns das árbores e arbustos que planamos.

Pasámolo xenial, ao longo da mañá.

Se queredes ollar as fotos de todas as actividades que fixemos ata agora: sementeiros, día da árbore, preparación dos maceteiros, ... clicade sobre o enlace ou ide á Galería de imaxes.

CADERNO DE TRABALLO

CADERNO DE TRABALLO

Tras ler que a lúa exerce a súa influenza nas actividades agrícolas, o pasado luns, 15 de marzo, realizamos a plantación de sementes nos sementeiros.

De momento, podedes ollar  que plantou cada curso.

PROXECTO VOZ NATURA CURSO 2009-10

"La Voz de Galicia" na súa edición do sábado, 12 de decembro fai un pequeno resumo do que foi o Proxecto do curso pasado e do que faremos neste.

Se queres ler máis clica sobre o enlace.

Distribuir contido