Aula das nubes

6º de Infantil (5 anos)

Unha merenda diferente e unha mañá de xogos de magosto

Boas! 

Vimos a contarvos algo especial que fixemos esta semana.

O xoves puxemos roupa cómoda, collemos as mochilas coa merenda e puxemos rumbo ao CASTELO.

Gustounos moito e temos ganas de volver, entón igual na primavera repetimos!

 

O venres tivemos os XOGOS DO MAGOSTO, os cales tivemos que deixar para este día por culpa da chuvia. 

 

Pasámolo xenial!!

 

Ata pronto!

A CLASE DAS NUBES

 

Día da Alimentación, Magosto e Samaín

Aquí andamos de novo!

Hoxe vamos ensinárvos como conmemoramos o DÍA DA ALIMENTACIÓN.

Primeiro contamos o conto do vampiro Edelmiro, o cal come moitísima carne e sempre se atopa mal, todo isto cambia cando comeza a comer alimentos mais saudables. Logo fixemos unhas brochetas de froita que estaban deliciosas!!

 

 

 

 

 

Onte tamén celebramos o SAMAÍN e o MAGOSTO. Viñemos todos disfrazados e a algún case nin o coñecíamos!!

A primeira hora puxemos a clase a escuras e proxectamos unhas luces de cores e diferentes formas no teito, ademais puxemos música terrorífica e pasámolo de medo!

Logo á hora da merenda comemos castañas e incluso as bullamos soíños! Estaban deliciosas....

 

 

Seguimos cunha festa bailando na clase cancións de medo, do magosto, de Samaín, de outono,... pasámolo pipa! A todo isto deixámosvos unha canción que nos encanta e escoitamos tódolos días na asemblea.

 

No comedor tivemos un menú terrorífico que estaba riquísimo! Mirade mirade...

 

 

Polo momento estas son as novas, ata pronto!

A CLASE DAS NUBES

Arrancamos de novo!

Ola de novo! 

Temos moitas novas que contar e ensinar!

Ao comezar o curso gustounos moito a idea de ter un nome para a nosa clase. Cada un fixo a súa proposta, votamos a que nos gustaba mais e o nome da nosa clase é.... A AULA DAS NUBES!!

Unha vez elexido o nome puxémonos mans á obra para decorar a clase con nubes e niso andamos...

 

Tamén fomos botarlle unha ollada á horta, para observar o que plantamos na primavera e os seus froitos. Na folla dun tomate descubrimos un pequeno caracol que estaba escondido dentro da súa casiña, cantámoslle unha canción para que sacase os cornos ao sol e...SORPRESA!


Este curso tivemos unha gran noticia, XA PODEMOS XOGAR NO AREEIRO!! Estamos contentísimos!

 

Tamén fixemos na aula unha manualidade ben chula para logo levar ao patio. Con papel de celofán de cores observamos como si lle da o sol aos papeliños estes reflexan as súas cores no chan e tamén miramos a través deles. 

 

O pasado 18 de outubro celebrouse o Día das Escritoras e nós falamos na aula dunha escritora case veciña nosa, Olga Novo. Logo fixemos entre todos os compis de infantil este bonito collage, empregando papeles de cores de diferentes texturas.

 

E aproveitamos para ensinárvos que nos gusta moito mirar contos na clase.

 

Ata pronto!

As nubes

 

Os últimos coletazos!

Ola!

Nos últimos días temos moitísimas novidades!! 

Xa temos bolboretas na clase, saíron da crisálide e comezaron a poñer os seus ovos. Quedamos abraiados!!

 

 

Seguimos traballando no proxecto de PEQUECHEF.  

Como somos uns artistas decoramos unhas piñas, sandías e mazás empregando diferentes técnicas e materiais (plástico de burbullas, bastonciños, esponxas, o noso dedo,...). Fixemos unha creación ben bonita que poderedes ver mañá na casa.

 

 

 

Hoxe estivemos traballando con diferentes especias (pementa branca, pementón doce, canela, perexil,...) e algún atreveuse a probalas todas! Logo estivemos poñendo un pouco de cada unha delas para poder levalas para casa.

 

 

Estes días tamén tivemos tempo a dar un pequeno paseo por Monforte, e fomos pegadiños ao río observando todo o que había polo camiño. Atopamos unhas autocaravanas, gatos, patos, unha toupeira, o Castelo de San Vicente,... Gustounos moito, pero non puidemos merendar á beira do río, porque estaba o céspede todo mollado.

 

 

E hoxe tivemos unha gran sorpresa!!

 

 

Foi xenial e pasámolo en grande!!

¡Niinoo, niinoo!

O mércores tivemos un simulacro de incendio no cole. Nós estábamos merendando cando houbo que saír para o patio. Unha vez alí comezaron a chegar os camións dos bombeiros, pero a profe xa nos explicara o que pasaba entón non tiñamos medo... bueno algún que outro si!

Fomos ata xunto os camións e vimos aos bombeiros subidos no alto da escaleira, estaban botando auga coa mangueira no tellado do cole. Despois ensináronnos que tamén empregan escuma nos incendios e ata puidemos xogar un pouquiño con ela. Gustounos moito!

 

Esta semana tamén foi de experimentos, collemos unhas mandarinas e un recipiente con auga para comprobar cal flotaba, se a que tiña pel ou a que pelamos. O experimento non nos resultou, entón miramos un video en internet para comprobar cal era o resultado. Logo si que comprobamos que a pel soa si que flota e as mandarinas non, ese foi o noso verdadeiro experimento!

 

 

Tamén tivemos un regaliño sorpresa!!! Un gorro e un delantal de chef, os cales estamos decorando libremente para empregar para algo especial os vindeiros días... Xa vos contaremos!

 

 

Para rematar aquí vos deixamos o conto de "Titiritesa", o cal nos veu contar esta semana a mamá de Leira. Esperamos que vos guste!!

Pinchade na foto para escoitalo.

 

 

Ata pronto!

A voltas co proxecto!

Seguimos traballando o noso proxecto de PEQUECHEF e estes días estivemos pesando comidas. Puidemos examinar diferentes alimentos, comparar o peso de algúns e comprobar cal era o que máis pesaba e o que menos.

 

Tamén xogamos no patio cun SCORNABOT, con el tiñamos que chegar ao alimento que a profe nos mandaba. Así aprendemos a contar, a relacionar número e cantidade, a direccionalidade, nome do alimento... e tamén a observar e esperar a nosa quenda.

 

Seguimos presentando os diferentes materiais que levamos da casa. Estes días tocoulles a:

- Gabriel que nos ensinou a facer unha rica e saudable ensalada.

-Alonso que nos deu uns cantos consellos sobre a vida saudable e os alimentos.

- Carmen que nos ensinou imaxes de diferentes alimentos saudables e tamén utensilios de cociña e contounos para qué serven.

 

 

Abur!

Estes días estivemos facendo...

Como xa vos contamos, estivemos investigando sobre o MUNDO DAS ABELLAS e tivemos unha visita dunhas apicultoras moi especiais, a mestra Elvira e a nosa compañeira Lucía de 5 anos.

Con elas aprendemos máis cousas que descoñecíamos sobre ese traballo. Tamén puidemos ver e tocar o traxe que empregan e saber porque é así.

 

A Lucía fixéronlle unha entrevista na radio do cole, se queredes escoitala premede na foto.

Seguimos co noso proxecto...e esta semana tamén fixemos algo para a merenda, un ZUME DE LARANXA. Gustounos moito preparalo e saborealo.

 

 

 Seguimos cos traballiños que facedes na casa e estamos moi atentos a todos!

Acordádesvos dos nosos vermiños de seda?? Pois esta semana tivemos unha sorpresa, mirade como están xa! 

 

 

 

Para rematar, deixámosvos un conto moi gracioso que nos viñeron contar á radio do cole Gabriel e o seu papá(premede na foto). Animádevos a vir!

Hoxe na merenda...

Aproveitamos que hoxe era o Día Mundial das Abellas para facer unha merenda ben rica. Gustounos tanto que repetimos varias veces!!

 

Tamén aprendemos moitas cousas sobre as abellas e miramos o conto que aparece nas fotos. Este  contén moita información sobre elas, unhas imaxes ben chulas e gustounos moito. 

 

Están chegando moitos traballos que fixéstedes na casa do proxecto de "PEQUECHEF" e pouco a pouco vamos explicando na aula o que fixemos.

 

 

 

Tamén probamos algún gorro que empregan as cociñeiras do cole, que son diferentes aos do chef Romeu, pero fan a mesma función (evitar que nos caian pelos na comida).

 

 

Ademais esta semana veu a mamá de Manuel a contarnos un conto na radio do cole, logo escoitámolo na clase. Se queredes vir contarnos un conto nós estaremos encantados, soamente tedes que avisar para ter todo preparado!

https://www.ivoox.com/a-cancion-do-sol-audios-mp3_rf_70151244_1.html

 

Xa para rematar, por problemas "técnicos" non puidemos compartir algo do que fixemos polo Día do Libro, pero agora si que o podedes ver. Fomos á tele do cole!!

 

 

 

Chao chao!

DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS

Boas familia!

Mañá día 20 de maio é o día mundial das abellas e dende o equipo de Voz Natura deseñaron unhas actividades para traballar en infantil.

Descubriremos este apaixoante mundo e falaremos sobre el, faremos algunha manualidade e tamén algunha receita que leve mel, que despois probaremos.

E se queredes afondar no fogar sobre as abellas aquí vos deixo un video.

Abur!

Temos novas!

Como xa vos contamos gústanos moito ir á horta e dar un paseo polo patio para ver como medran as nosas patacas, os chícharos da clase de 4 anos, os pementos da de 5 anos e tamén as flores do patio.

Fomos botarlle unha ollada ás patacas e mirade que grandes están!

 

De camiño para a horta vamos cantando a canción "A horta de Balbina", aquí a deixamos para que a aprendades tamén na casa.

Fai un tempo a profe contounos o conto de "La oruga glotona" e días despois... mirade o que nos trouxeron para a clase!!

 

Siiiii, temos vermes de seda na clase!! Tódolos días no patio a profe colle unhas folliñas de moreira para que coman (nós non podemos collelas porque están moi altas). Temos que limpiarlles a caixiña e tirar as follas vellas, e logo miramos como medran.

Sabemos que primeiro son ovos, saen do ovo e convértense en vermes, logo van meterse dentro da súa casiña que se chama crisálida e....SORPRESA! Cando medran moito convértense en bolboretas, igualiño que pasa no conto.

 

 

Estes días estamos traballando moito pintando unhas boliñas de madeira, pero non podemos contarvos para qué son. Nos vindeiros días xa o teredes na casa!

 

E xa para rematar, hoxe é o días das mates no cole e nós cantamos un conto que coñecemos fai un tempiño. O conto é "Polo camiño", deixámosvos aquí un vídeo no que o cantan moi parecido a como o facemos na clase. Gústanos moito moito!

Abur!

Distribuir contido