Hoxe na merenda...
Aproveitamos que hoxe era o Día Mundial das Abellas para facer unha merenda ben rica. Gustounos tanto que repetimos varias veces!!
Tamén aprendemos moitas cousas sobre as abellas e miramos o conto que aparece nas fotos. Este contén moita información sobre elas, unhas imaxes ben chulas e gustounos moito.
Están chegando moitos traballos que fixéstedes na casa do proxecto de "PEQUECHEF" e pouco a pouco vamos explicando na aula o que fixemos.
Tamén probamos algún gorro que empregan as cociñeiras do cole, que son diferentes aos do chef Romeu, pero fan a mesma función (evitar que nos caian pelos na comida).
Ademais esta semana veu a mamá de Manuel a contarnos un conto na radio do cole, logo escoitámolo na clase. Se queredes vir contarnos un conto nós estaremos encantados, soamente tedes que avisar para ter todo preparado!
https://www.ivoox.com/a-cancion-do-sol-audios-mp3_rf_70151244_1.html
Xa para rematar, por problemas "técnicos" non puidemos compartir algo do que fixemos polo Día do Libro, pero agora si que o podedes ver. Fomos á tele do cole!!
Chao chao!