blogue desol
30 de xaneiro: DÍA DA ILUSTRACIÓN
Enviado por sol o Sáb, 01/30/2021 - 15:26Unha das datas destacadas do Calendario do Libro e da Lectura é o Día da Ilustración, que se celebra todos os anos o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao.
Este día, ademais de reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, serve para homenaxear un ilustrador histórico galego. A protagonista deste ano é a coruñesa Lolita Díaz Baliño (1905-1963), unha pioneira artista multidisciplinar que desafiou aos convencionalismos da época.
Para saber un pouco mais sobre Lolita Díaz Baliño aquí tedes un vídeo producido por AGPI en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura.
Bibliotecas Escolares nesta data quere poñer en valor o traballo de ilustradores e ilustradoras que puxeron imaxe aos temas anuais desde o ano 2008 tal como se pode ver facendo clic no logo.
2ºP: TRABALLAMOS A PAZ
Enviado por sol o Mér, 01/27/2021 - 06:12Esta semana traballamos a paz a través da lectura dun poema e das actividades adxuntas no pdf.
Tamén en clase escoitamos e ilustramos a cación "Las vocales de la paz" de Emoticantos
Feliz semana!
NOVIDADES (1º Tr. Curso 20-21)
Enviado por sol o Sáb, 01/02/2021 - 11:20Aquí tedes os libros que se incorporaron a nosa biblioteca durante o primeiro trimestre.
Nesta ocasión a inversión foi maioritariamente nos niveis iniciais para equilibrar fondos.
Nos niveis máis altos as compras centráronse, sobre todo, nos libros dos itinerarios lectores.
Agardamos que sigades lendo e desfrutando coa lectura.
Boa lectura!!!
2021 Ano Internacional das Froitas e Hortalizas
Enviado por sol o Xov, 12/31/2020 - 21:01Biblioforte quere desexar a toda a comunidade educativa un
Ano Internacional das Froitas e Hortalizas, tema do noso proxecto.
Moita Saúde e Moitas Lecturas.
UN NADAL MOI ESPECIAL
Enviado por sol o Ven, 12/25/2020 - 12:35O Equipo da Biblioteca, xunto co resto de persoal do noso cole queremos desexar un moi
Bo Nadal!
E tamén queremos agradecer, coma sempre, o voluntariado do noso alumnado.
Alumnado que participou activamente nas moitas actividades organizadas polo centro e tamén nas propostas conxuntamente desde Dinamización Lingüística e Biblioteca: Concurso de Poesías e Tarxetas de Nadal.
Ademais, un grupo de alumnas voluntarias de 2ºA, len un dos libros incorporados recentemente a nosa biblioteca, libro que nos amosa outras maneiras de demostrar que nos queremos.
(para escoitalo fai clic na imaxe)
Felices Festas!!!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS LEMOS LE - NADAL 2020
Enviado por sol o Mar, 12/22/2020 - 07:40Aquí podedes ver as Recomendacións de Lectura para Nadal feitas en colaboración Colectivo Lemos Le.
BO NADAL E FELICES LECTURAS!
CANTOS DE NADAL
Enviado por sol o Ven, 12/11/2020 - 06:52SELECCIÓN CANTOS DE NADAL
- Nadal todo o ano (Mamá Cabra)
- Nadal – Eu cociño ti cociñas (Mamá Cabra)
- Nadal – Estación Nadal (Mamá Cabra)
- Feliz Nadal (Ana Kiro)
- Campás de Nadal (Ana Kiro)
- A árbore de Nadal
- Buenos días María
- El estornudo
- El niño Jesús está acatarrado
- La Sagrada familia de Nazaret
- Piensa la Mula
- Déjale entrar
- O meu Nadal perfecto
- Decembro Nadal
- Panxoliña da Neve
Nadal 2020
Enviado por sol o Xov, 12/10/2020 - 22:00O Nadal
2.- Historia de la Navidad para niños
7.- La historia del Nacimiento
..............
10.- Lily y su muñeco de nieve
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18