Escolares
FESTIVAL ENTROIDO
Estimadas familias:
Como vén sendo habitual no noso colexio nesta época do ano, imos celebrar o vindeiro venres 9 o FESTIVAL de Entroido do 2018 que este ano leva por título “Pippi Langstrump”.
Comprácenos invitalos a que participen nesta festa con nós, polo que ás 12:10 abriranse as portas para poder acceder ao centro.
Moitas grazas pola súa colaboración.
FESTIVAL XOVES 21
Estimadas familias:
Como vén sendo habitual no noso Colexio por estas datas, imos celebrar un FESTIVAL.
Realizarémolo o xoves 21, e levará por título “MALASOMBRA”.
Comprácenos invitalos a que participen nesta festa con nós, polo que ás 12:00 podedes entrar no centro.
Un saúdo Feliz Aninovo
MAGOSTO
Estimadas familias;
Como vén sendo habitual por estas datas, imos celebrar o MAGOSTO. Este curso se o tempo non o impide, realizarémolo o mércores 8 de novembro a partir das 12 da mañá.
Precisamos da vosa colaboración nos seguintes aspectos:
. Envíen polos nenos e nenas unhas castañas picadas.
. De ser posible aporten unha pequena cantidade de leña.
. Procuren que ese día o alumnado veña con roupa axeitada.
. Mandade as castañas e a leña só o martes 7 e o mércores 8
Por cuestións organizativas do centro a festa do magosto é só para o alumnado.
MAIO 2017
O venres, día 12 de maio, ás 13:00 hs., sacaremos o noso maio ao patio para cantarlle as coplas.
Invitámosvos a que veñades compartir esta actividade.
Por motivos de seguridade do alumnado, as familias que queirades asistir, teredes a entrada aberta de 12:50 a 13:00. Agradecemos que teñades en conta isto. O acto celebrarase no patio do colexio.
Como outros anos, pedimos a vosa participación para festexar ao maio.
. O mércores 10 e o xoves 11 serán os días nos que xa podedes traer o fiúncho e o resto de materiais que normalmente usamos: algunha flor, pampillos (margaridas silvestres), ovos (baleiros e limpos e o máis enteiros posible), bugallos ou cocas (boliñas dos carballos), algún limón, algunha laranxa.
. Podedes facerlle na casa ao alumnado colares ou coroas de flores para o propio día do maio.
. O alumnado debe traer gorra, pantalón azul ou vaqueiro e camiseta branca.
. A poder ser traer tamén dous paus duns 2O cm. como máximo de longo para acompañar as coplas (isto só o alumnado de Primaria).
Moitas grazas pola vosa colaboración
TEATRO - A CASA DO AVÓ
O alumnado de 2º e 3º de Primaria asistimos a unha obra de teatro representada polo grupo Tanxarina no Verbum . Queremos compartir con todos vós a nosa experiencia. Pasamolo moi beennn...!! Preme AQUI para ver fotos.
MAGOSTO
Hoxe, por fin parece que non chove, e podemos celebrar a tradicional festa do magosto. Faremos xogos populares relacionados con esta festa e degustaremos as castañas asadas. Como é habitual as familias estades convidades a partir da 13 h. Contamos convosco...! Como pòdemos ver estamos preparados.
Estes son algúns dos porta-castañas do noso alumnado.
Para ver fotos preme AQUI e
O 24 DE OUTUBRO DIA DA BIBLIOTECA
DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Esperamos ansiosos esta festa que tanto nos deleita, e por fín..... chegou o día , tódolos nenos e nenas do cole fomos facerlle unha visitiña o noso amigo MIK que este ano está acompañado por LUCIÑA , acabas de chegar e xa te queremos ben. O cole esta precioso, decorado cos fermosos traballos,que fixemos entre todos . Grazas Familias por compartir con nós este proxecto.
A media maña asistimos a unha divertida representación teatral titulada "QUE TRABALLO TAN CURIOSO", promovida polo CSIC, na que participaron Luisa Martínez (científica do CSIC), acompañada dos actores Sonsoles Cordón e Carlos Godoy.
Contacontos e linguaxe de signos
O alumnado de E. Infantil e o de 1º ciclo de E. Primaria tiveron un achegamento á linguaxe de signos da man de Beatriz e Aránzazu.