MAGOSTO

Estimadas familias;

Como vén sendo habitual por estas datas, imos celebrar o MAGOSTO. Este curso se o tempo non o impide, realizarémolo o mércores 8 de novembro a partir das 12 da mañá.

Precisamos da vosa colaboración nos seguintes aspectos:

. Envíen polos nenos e nenas unhas castañas picadas.

. De ser posible aporten unha pequena cantidade de leña.

. Procuren que ese día o alumnado veña con roupa axeitada.

. Mandade as castañas e a leña só o martes 7 e o mércores 8

Por cuestións organizativas do centro a festa do magosto é só para o alumnado.