Ed. Musical

VENRES, 5 DE XUÑO. MÚSICA PARA TOD@S

Bo día, chic@s. Rematamos esta semana con ritmo corporal. Parece algo complicado, pero veredes que rápido o colledes.

Lembrade que para a semana, temos a "SEMANA DA MÚSICA" 

Se vos animades a participar, mandádeme os vosos vídeos, que xa temos moitas propostas e están moi simpáticas.

 

Déixovos a proba das botellas que fixo Anxo de 2º de primaria.

Xenial, Anxo, fixéchelo perfecto.

Moitísimas grazas, Anxo e familia, pola implicación.

XOVES, 4 DE XUÑO. MÚSICA PARA TOD@S

Bo día, chic@s hoxe...

     TEMOS VISITA.

                        Roi, o pai de Naia, de 4º de Infantil, nos agasalla... Pasade!!

Moitísimas grazas, Roi...xa vemos que tes unha boa colección de instrumentos.

E agora imos xogar un rato...

Cunhas botellas, xa montamos esta festa. Facédeo e mandádeme o voso xogo.

MÉRCORES 3 DE XUÑO. MÚSICA PARA TOD@S

Bo día, chic@s!! 

Hoxe, que tal se lembramos algunha das cantigas que temos feito na clase? Non vos vaian esquecer. Lembrade!!

 

E vos quedan as propostas que realizaron Sara e Anxo, de 2º 

Moitísimas grazas, chic@s e familias.

MARTES, 2 DE XUÑO. MÚSICA E.INFANTIL

Bo día, chic@s... hoxe toca frauta e ritmo....Seguro que o facedes moi ben. Animádevos con esta melodía sinxeliña.

 

Álex, de 4º de Infantil, fainos esta proposta...adiviñade!!

Moitas grazas, Álex e familia por este agasallo.

LUNS, 1 DE XUÑO. MÚSICA E. INFANTIL

Bo día, peques!! Imos iniciar esta nova semana cun experimento.

Que pasa se enchemos varios vasos con diferente cantidade de auga?

Animádevos a facer esta proposta e mandádeme o voso resultado. Seguro que vos sorprenderá como soan os vasos.

E aquí vos deixo o resultado das propostas que fixeron Sara de 2º, co seu irmán Martín Rozados de 4º de infantil, Claudia, de 5º de infantil e Álex de 4º de infantil...

Moitísimas grazas a todas as familias.

 

VENRES 29 DE MAIO. MÚSICA PARA TOD@S

Bo día, chic@s. Hoxe toca facer un baile clásico, pero moi faciliño. Animádevos !!

Déixovos, tamén, a proposta feita de Sergio Vila, de 4º.

Moitas grazas, Sergio e familia por compartir este momentiño.


E, finalmente...André!!, o noso pianista benxamín. Non o perdades!!

Moitísimas grazas, familia...

 

XOVES, 28 DE MAIO MÚSICA 5º / 6º

Bo día, Chic@s. Hoxe remataremos de perfeccionar un pouquiño a man dereita.

Para iso, propóñovos esta melodía sinxela. Premede na partitura

 

PARTITURA

Aquí vos deixo unha pequena guía para que a traballedes por partes. Mandádeme o voso resultado, a ver se conseguides facela. Seguro que si!!

MÉRCORES, 27 DE MAIO MÚSICA PARA TOD@S

Bo día, chic@s: hoxe toca un pequeno movemento, pero coordinado. Coma sempre, traballaremos co que atopemos pola casa.

Botádelle imaxinación e mandádeme a vosa idea. Seguro que queda moi ben.

 

 

Aquí vos deixoo resultado  das propostas que fixestes os de 2º

Moitas grazas, Ian, Sara, Eleni e familias.


 

 

MARTES, 26 DE MAIO. MÚSICA E. INFANTIL

Bo día, nen@s... Que tal se poñemos a bailar as zapatillas? Ide buscalas rapidiño, que empezamos en nada!

A verdade é que fixestes unhas baterías estupendas. Xenial !!


Moitas grazas, Álex, Érik, Izan e familias!

LUNS, 25 DE MAIO MÚSICA E.INFANTIL

Bo día, peques. Se pasastes unha fin de semana estupenda, agora toca agudizar o oído. Aquí vos propoño un xogo con cousas de casa.

Seguro que hai moitos sons que se escoitan por casa, que nos resultan familiares...Por exemplo, como soan as chaves cando abrimos a porta de casa, o batedor cando estamos na cociña, o teléfono que soa...Pois imos xogar a iso... animádevos a xuntar uns cacharriños e...a ver que soa.

 

E aquí uns exemplo das cousas tan chulas que facedes na casa. Moitísimas grazas, familias...

están a facelo de marabilla.

 

 


Distribuir contido