Ed. Física

XOVES 28

 

Bo día, coma a calor apreta, seguiremos coas actividades refrescantes.

Hoxe recomendo uns xogos para facer nos xardíns ou patios.

 

Xogar con pistolas de auga, non necesita moita explicación, podedes montar en verdadeiro Paintball de auga.

 

Piñata de auga, tendes que conseguir romper os globos cun pau.

 

Pista deslizante, se tedes un plástico ancho e resistente ocolocades no xardín e o mollades cunha mangueira, agora só os fan falta uns flotadores para deslizarse.

Rociador, necesitades unha mangueira e unha botella de plástico, mirade a foto!! tendes que, pasar por debaixo ou saltando, mollándose o menos posible.

                              

 

MÉRCORES 27

Bo día, como levades a calor???

Hoxe vos propoño unha sesión pasada por auga para refrescarse un pouco. Vos recomendo os seguintes exercicios:

  • Globos voladores: temos que encher un globo de auga e ir pasándoo, tentando que non caia ao chan, cando rompa nos mollaremos e estaremos super fresquiños.
  • Carreira con vasos de auga: teredes que levar un vaso cheo de auga enriba da cabeza ata un cubo e repetir ata encher o cubo. Tamén se pode levar o vaso sobre un frisbi na cabeza.

  • As esponxas: hai que colocar dous recipentes separados, e levar a auga do primeiro ao segundo enchendo unha esponxa no primeiro recipente e escurríndoa no segundo e así transportar toda a auga.

 

 

  • Limbo refrescante: o tradicional xogo do limbo pode ser máis divertido si se fai cun chorro de agua. É tan sinxelo como utilizar unha mangueira e que os nenos pasen por debaixo sen tocar a auga. O perdedor levarase un bo remollón.

MARTES 26

Hoxe é a gran ximnasta Zeltia a que nos desexa bo día.

 

Xa estades a preparar a ruta do RETO desta semana?? xa me contaredes...

 

Martes tamén sobre rodas, invítovos a que montedes un circuito para percorrer cunha bici, patíns, monopatín... os recomendo incoporar ao voso percorrido os seguintes elementos:

  • un zig-zag
  • rodear algún obxecto
  • pasar por alguha zona estreita
  • baixar unha acera ou similar
  • saltar un pau ou unha corda

 

 

LUNS 25

 

Bo día, comezamos a semana con novidades, cambiamos á fase 2, poderemos sair con máis facilidade e parece que imos ter unha semana cun tempo  propio de verán, por iso o RETO que os propoño esta semana consistirá en facer algunha ruta na natureza, pode ser en bici ou camiñando.

 

Esta vez o RETO necesita algo máis de preparación e moita colaboración dos país. Elixide o día e planificade a actividadeen familia con calma, se é posible escoller unha ruta o lugar novo para os nenos, así será algo especial. Escollede unha ruta axeitada á idade dos nenos  e tede en conta a temperatura para programar a hora. Preparade a roupa e o cazado axeitado, levade auga e non vos preocupedes de grabar vídeos, desfrutade da ruta.!!

 

Se podedes mandar fotos ou información sobre as rutas, xenial, porque así as compartirmos e podemos coñecer e disfrutar de máis espazos fermosos.

 

Tamén os irei enviando outras propostas diarias, para os días que nos saiades

 

Para hoxe unha actividade sobre rodas,que os nenos xoguen libremente con bicis, patíns, monopatíns..., logo podemos pedirlles que fagan carreiras o máis lentamente posible, gaña o último en chegar a meta.

 

 

 

VENRES 22

 

Bo día, xa estamos a venres e hoxe é o último día do RETO, ánimo.

 

Para rematar a semana, propóñovos que xoguedes un partido de fútbol en familia. Os que poidades, por suposto, ao aire libre. Para os que o fagades dentro de casa, recoméndovos que xoguedes cunha pelota de espuma pequena, é moi divertido!!

 

Desfrutade do fin de semana, o luns voltamos.

 

XOVES 21

Bo xoves, seguimos un día máis co RETO dos toques de balón, non deixedes de entrenar, seguro que cada día sae mellor.

Continuamos traballando cos pes. Hoxe imos facer dous exercicios:

  • Marcamos un campo de xogo, cunha portería e unha pequena área, e poden participar de 2 a 4 xogadores. Todos tentarán marcar gol e un queda na portería, o que consiga marcar cambia de posto co porteiro.

 

  • Agora temos que construir un campo, marcando dous porterías e unha línea no medio do campo. O xogo consiste en tentar marcar gol na outra portería sen pasar da línea do medio do campo. Podedes xogar 1 contra 1 ou 2 contra 2.

 

 

 

MÉRCORES 20

Bo día, xa estamos a mércores, seguimos co RETO e co balón. Ide contándome cantos toques facedes.

O traballo de hoxe consiste en construir un percorrido co balón, os que poidades, facelo ao aire libre e aproveitar este tempo tan bo que temos. Recoméndovos incluir no percorrido, un zig-zag, pasar o balón por debaixo dalgún obxecto, por riba de outro, xirar, camiñar de costas, e todo o que querades incluir, sorprendédeme.

Para rematar os propoño un xogo máis tranquilo, o TRES EN RAIA.

                              

Déixovos un vídeo dos vosos traballos cos globos da semana pasada.

MARTES 19

Bo día, que tal vai o RETO desta semana??? supoño que xenial, espero os vosos vídeos.

Xa que estamos co balón, seguimos con el. Propóñovos algúns exercicios, facer os que poidades ou inventar os vosos xogos e enviarme os videos para poder compartilos cos vosos compañeiros.

Pases por parella: coas mans dende detrás da cabeza, cos pes, de espaldas por debaixo das pernas, coa cabeza, pases a distintas alturas...

             

Tamén por parellas, un sentado e o outro de pe, pases coas mans, pero os pases os diriximos un pouco aos lados (cada 10 pases cambiamos as posicións)

Agora tedes que montar unha portería, e facer tiros a portería, cada 10 cambiades os postos (lanzador-portero)

 

LUNS 18

Ola a tod@s!! que tal a fin de semana, aproveitáchedes o bo tempo que tivemos??

Como parece que vai continuar o bo tempo, todos os que poidades esta semana facedes os exercicios ao aire libre.

O RETO desta semana nolo presenta Sergio Vila de 4º

 

Consiste en darlle toques ao balón cos pes, nocellos, cabeza e peito, sen que caia. Os máis pequenos podedes facelo cun globo ou pelota de espuma.

Practicar toda a semana e logo enviarme o video, foto ou mensaxe ao correo co voso resultado, lembrade que os contidos son avaliables.

 

O segundo exercicio do día consiste en facer un percorrido co balón coma fan Samuel e Claudia.


 

VENRES 15

Xa estamos a venres, e hoxe para rematar co reto desta semana vos teño preparada unha sesión con globos.

Para coñecer os exercicios de hoxe  teredes que ver o video que preparei coa axuda duns colaboradores moi especiais. Espero que o pasedes ben.

 

 

Para rematar propóñovos estoupar os globos, ben sentándose enriba ou, se vai calor, enchéndoos con auga e xogar a pases ata que estoupen, non vos molledes moito 

Bo finde.

 

 

 

Distribuir contido