Ed. Infantil

CON TODO O NOSO CARIÑO PARA ESES PEQUENOS-MAIORES

Hoxe hai un grupo incrible que remata non só un curso, se non tamén unha etapa, e aínda que non podemos despedilos como se merecen,todo o equipo de infantil queremos entregarlles, mediante esta homenaxe, todo o noso cariño.En especial o da súa profe Sheila. Infantil sempre estará aí para vós. Moitísimas gracias por tanto.

ATA PRONTO PEQUECHOS E PEQUECHAS

Hoxe é un bos días especial, pois hoxe remata un curso e tamén foi un curso moi especial. E non queremos rematar sen agradecervos todo o que fixestes e seguides facendo.

Aquí vos deixamos a nosa despedida, pero sabede que aquí seguiremos.

XOVES 18 DE XUÑO

Bos días familias, como nos erguemos hoxe, con forza e enerxía? Agardamos que si, ademáis hoxe toca seguirnos, si, seguirnos ás mestras de infantil. Atentos coa nosa proposta, hai que recitar, moverse e ás veces cantar. Aquí vos deixamos a nosa actuación. Agardamos que vos divirtades tanto coma nós facéndoo.

 

 

 

 

 

MÉRCORES 17 DE XUÑO!

Bos díassss! Como estamos, como levades estes días? Hoxe parece que vai facer sol, e vennos de marabilla para a nosa proposta. Hoxe imos xogar coa luz, a ver que vos parece.

XOGANDO COA LUZ

MARTES 16 DE XUÑO

Ai,ai... que xa estamos chegando ao final deste curso... pero antes unha proposta moi interesante, sabedes o que é a fermentación? Pois imos experimentar.

FERMENTACIÓN

LUNS 15 DE XUÑO

Bos días, que tal a fin de semana? Nós estivemos xogando con experimentos e peixiños, queredes velo? Pois adiante.

Por certo, moitísimas gracias familias, pola vosa participación na semana da música, foi incrible!

 

COMO PEIXE NA AUGA

VENRES 12 DE XUÑO

Bos días, xa chegamos ao final da semana, como foron estes días, fixestes de todo un pouco? Pois para rematar a xornada, que vos parece se pintamos nun lenzo moi orixinal. A ver que "artistada" vos sae.

A PINTAR

 

BOA FIN DE SEMANA

XOVES 11 DE XUÑO

Carai hoxe o día ergueuse chuvioso, pero non pasa nada, xa sabedes; "o mal tempo boa cara".

Como vai esa semana da música, estádesvos divertindo? Agardamos que si, nós estámolo pasando moi ben con tod@s est@s artistas.

Na proposta de hoxe imos pintar, si pintar, pero non sobre papel, sabedes sobre que? Pois entrade e mirade, mirade...

 

PINTANDO E CREANDO

MÉRCORES 10 DE XUÑO!

Bos días! Que tal, como vai esta semana, seguro que estades facendo unha chea de actividades fóra da casa! Se queredes podédelas compartir connosco, xa sabedes que nos encanta ver o ben que o pasades.

Hoxe temos a visita dun ratiño que nos trae unha proposta moi interesante. Entrade a vela.

E non vos esquezades de pasar pola semana da música!

 

MAXIA OU CIENCIA

COMPRÓBAMOLO

MARTES 9 DE XUÑO

Bos días, como estamos? Que tal onte, gustouvos a sorpresa? Pois hoxe, temos unh proposta de investigación e de creación. Ten que ver con pisadas...si, con pisadas de animais. A ver que tal se nos da.

PISADAS

 

E seguimos coa semana da música, hoxe hai novas incorporacións.

Distribuir contido