Ed. Infantil

AS VOSAS COUSIÑAS

Aquí vos deixamos as montaxes das vosas cousiñas.Moitas gracias por facernos partícipes delas.

ENREDOS

GALLETAS

TORRES

MÉRCORES 15

Bos díasss, xa estamos tod@s en pé,que comezamos...hoxe tocan dúas propostas unha de crear vós coas froitas,verduras...que teñades na casa e outra un pequeno xogo interactivo, a ver que tal se vos dá.Pois adiante...Contádenos logo que tal vos foi.

E non vos esquezades de pasar pola sección de E.Física,Música e Inglés,que hai cousas moi interesantes.

 

1ªPROPOSTA

 

2ª PROPOSTA Ao entrar na actividade e cargar a páxina preme na frecha de abaixo á esquerda, para que se reinicie ben a actividade.Como se indica na imaxe.

 

 E AGORA A DIVERTIRSE!!

Por certo,esquecíaseme dicirvos que hoxe está de cumple a profe Rocío, moitos parabéns!!!

MARTES 14 BENVID@S DE NOVO

Bos díasss,xa estamos de volta,que tal tod@s,collestes enerxías porque hoxe toca usar a imaxinación para crear unha historia  de ciencia ficción.Adiante...

Por certo,xa vistes ná páxina web que hoxe temos de cumple a Martín Rozados,a Izan e a Samuel o irmán de Claudia,moitas felicidades aos tres.

 

HISTORIA

PEGADAS...

Bos días,xa estamos aquí cunha nova proposta.Esta vez toca investigar os nosos pés e a pegada que deixamos con eles.Logo contádenos quen ten o pé máis grande,será mamá,será papá...

 

PEGADAS

A EXPERIMENTAR!!

Bos días,xa estamos a venres e hoxe toca experimentar, a ver que tal se nos da.Preparados,listos...xa.

 

EXPERIMENTO

HOXE TOCA SER INTRÉPIDOS AVENTUREIROS

Bos días,como estamos hoxe?Temos enerxía para ir de aventura cruzando un pantano e logo de tanto esforzo relaxarnos na sabana.Veñá con forza e a ver que aventuras nos contades.

AS PEDRAS DO PANTANO

RELAXACIÓN NA SABADA

A VER QUE FLEXIBILIDADE TEMOS!

Bos días,xa estamos a mediados de semana.E a nosa proposta de hoxe ten que ver coas letras e o corpo,animádevos,a ver con que nos sorprendedes.

Empezamos cun pouco de Ioga,que sempre vén ben.

 

 

1ºPROPOSTA CORPORAL

2ºPROPOSTA CORPORAL

O mestre Toniño deixouvos unha sorpresa na sección de música,ídea ver e logo contestádelle ao seu correo,antontreixadura@gmail.com,que lle gusta moito cando lle mandades as vosas cousiñas.

 

UN DÍA MÀIS E UN DÍA MENOS

Bos días,hoxe temos día chuvioso,pero iso non importa porque imos pasar un bo día.

Nas propostas de hoxe tedes xogos en familia e unha canción para bailar,a ver como movedes o esquelete,queremos velo.

 

https://www.youtube.com/watch?v=lz1YC2jkNRY

 

 LOGO DE BAILAR TOCA XOGAR

 

NOVAS PROPOSTAS

Bos días familias,xa sabemos que estamos de vacacións,pero aquí vos deixamos unhas pequenas propostas para que leves mellor estes días.

A primeira é unha sorpresa de Mik que volve coa súa amiga a fadas dos poemas.E como di o poema tod@s tedes SUPERPODERES.

 

 

 

 

 

 

CLICA NA IMAXE

 

A NOSA PEQUENA SORPRESA.

HOXE COMEZAN AS "VACACIÓNS" E COMO LEVAMOS TEMPO SEN VERVOS E SEN QUE VOS VEXADES, AS MESTRAS DE INFANTIL PENSAMOS EN RECOLLER PEQUENOS MOMENTOS DESTE TRIMESTRE E COMPARTILOS CON TOD@S VÓS.

AGARDAMOS QUE GOCEDES MOITO DELES.

BOTÁMOSVOS MOITO DE MENOS E AGARDAMOS VERVOS PRONTO.NÓS AQUÍ SEGUIREMOS.

MOTÍSIMAS GRACIAS.

 

 

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=ayvEm7Ie8r8&feature=youtu.be

 

Distribuir contido