Dependencias

Dependencias do Centro

sentímolo, flash non está dispoñible.

ASÍ É O NOSO COLEXIO

 

 

 

 

 

INSTALACIÓNS DO CENTRO

 

 O centro escolar conta con tres edificios; o pavillón das aulas, o polideportivo, situado na parte alta do terreo e a parte de oficinas, dirección...

 O colexio atópase en boas condicións debido ás reformas que cada ano van facéndose dependendo das necesidades e tendo en conta o número de alumnado e a situación das diversas dependencias coas que conta o centro.

 O edificio principal ten dúas plantas. Abaixo atopamos as aulas de Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos e os aseos para o alumnado máis pequeno; a aula de Educación Musical, a aula de Pedagoxía Terapéutica, a aula de Audición e Linguaxe,  unha sala moi grande onde o alumnado de infantil xoga cando chove e fai a psicomotricidade.  É importante destacar a insonorización da mesma que se fixo durante o presente curso . Ao lado atopamos o salón de Actos para facer pequenas obriñas de teatro ou actuacións diversas . Temos nesta planta o comedor onde poden xantar uns 85-90 nenos/as. E tamén a nosa bonita e completa Biblioteca na que tantos bos ratos pasa o alumnado mentras aprenden moitísimas cousas ao lado da nosa mascota MIK.

 A planta superior do edificio conta con 6 aulas de primaria, unha aula de Inglés, aula de usos múltiples, aula de informática, o laboratorio, aula de video, aula de pizarra dixital, aula de relixión e a aula de plástica.

 No edificio situado á dereita dos tres  atópanse os despachos de Dirección, Secretaría, Xefatura de estudos, sala do profesorado, Departamento de Orientación, local da ANPA...

 Todas as dependencias do centro contan con conexión a Internet ben por cable ou conexión inalámbrica. Todas as aulas teñen como mínimo un ordenador.

 E por último contamos cun ximnasio, as veces tamén utilizado para facer festivais, tres pistas polideportivas, un patio para educación infantil, vivenda do conserxe, horta escolar e varias zonas verdes. 

Distribuir contido