Actividades no noso horto

Horto 2015/16

O alumnado de 4º  realizou unha actividade escolar no horto do cole coa axuda da mestra MariLuz.

Baixamos ao horto

Aproveitando o bo tempo baixamos ao horto a traballar

Os de 5º plantamos: repolos, cebolas, porros, acelgas, leitugas ...

 

Os de 6º patacas e leitugas

 

O de 5 anos plantamos coliflores e sementamos feixóns

 

E os de 4 plantamos  porros

OS NENOS E NENAS DE 1º PLANTAMOS EN MAIO

    Os nenos e nenas de 1º estivemos o 16 de maio plantando berenxenas e dúas plantas de tomate inxertados.

    Tamén vimos como ían medrando as espinacas que sementamos en abril.

Que boa colleita imos ter!

 

 

 

5 anos traballa no horto

Despois de tanta choiva, os nenos e nenas de 5 anos visitamos o horto. Xa era hora de poñernos a traballar.
Primeiro, recollimos as coles do ano pasado, para facer un caldiño tan rico como fixera, no conto, o coelliño branco.
Despois, plantamos coliflor e sembramos espinacas, para poñernos tan fortes como Popeye.


E agora a esperar!!!


E mentres esperamos, podedes ver o moito que traballamos.

O alumnado de 1º ciclo traballa no horto

Os de primeiro sementamos espinacas e os de segundo plantamos coles e sementamos xudías.

PLANTAMOS EN OUTUBRO

Os de 1º en outubro estivemos plantando nabicol no horto. Agardamos poder facer pronto un bo caldo ou cocido co que recollamos. Xa vos contaremos.

1º RECOLLE TOMATES

OS DE 1º RECOLLENDO TOMATES EN SETEMBRO

Distribuir contido